Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Luns, 02 de xaneiro de 1995 Páx. 51

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 15 de decembro de 1994, da Dirección Xeral de Producción Agropecuaria e Industrias Agroalimentarias, pola que se disolven as agrupacións de defensa sanitaria de Culleredo, Carral, Curtis, Betanzos e comarca, Ordes e comarca, Cambre e Bergondo-Sada.

Vista a solicitude presentada polas agrupacións de defensa sanitaria (A.D.S.) de Culleredo, Carral, Curtis, Betanzos e comarca, Ordes e comarca, Cambre e Bergondo-Sada, para a súa disolución, coa intención de constituír unha de maior ámbito territorial, unha vez cumpridos tódolos requisitos e demais trámites esixidos pola normativa vixente en materia de sanidade animal, e en concreto os establecidos polo Real decreto 425/1985, do 20 de marzo, e a orde do 31 de maio de 1985, esta dirección xeral resolve deixar sen efecto as A.D.S. seguintes:

-A.D.S. Culleredo (concesión por resolución do 10-2-1986. BOE do 21-2-1986).

-A.D.S. Carral (concesión por resolución do 30-6-1986. BOE do 16-7-1986).

-A.D.S. Curtis (concesión por resolución do 23-1-1987. DOG nº 27 do 10-2-1987).

-A.D.S. Betanzos e comarca (concesión por resolución do 15-9-1986. DOG nº 198 do 13-10-1986).

-A.D.S. Ordes e comarca (concesión por resolución do 30-6-1986. BOE do 10-7-1986).

-A.D.S. Cambre (concesión por resolución do 30-4-1984. BOE do 17-5-1985).

-A.D.S. Bergondo-Sada (concesión por resolución do 12-11-1984. BOE do 20-11-1984).

Santiago de Compostela, 15 de decembro de 1994.

Víctor Tello Calvo

Director xeral de Producción Agropecuaria e

Industrias Agroalimentarias