De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ós denunciado, cos datos persoais e último enderezo coñecido que se sinalan a continuación, a incoación do correspondente expediente sancionador polo delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes de Lugo.
Noméase instructor do procedemento a Mauricio Alonso Troncoso, funcionario desta delegación. A
resolución será acordada polo delegado provincial desta consellería.
O denunciado disporá dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta cédula para que poida examina-lo expediente nesta delegación provincial, sita en Ronda da Muralla, 134-48ª planta, a presenta-lo descargo e documentos que considere convenientes na súa defensa, así como para a recusación da persoa designada como instructor.
O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial, sita en Ronda da Muralla, 134-4ª planta, Lugo.
Lugo, 2 de decembro de 1994.
José Ramón Molinero Senovilla
Delegado provincial de Lugo

