Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Luns, 02 de xaneiro de 1995 Páx. 52

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

CÉDULA do 2 de decembro de 1994, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación da providencia de apertura dos expedientes sancionadores de epizootias que se citan, devoltos polo servicio de correos por atoparse ausentes nas horas de reparto os seus destinatarios (expedientes 234/1994 e 288/1994).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ó denunciado, cos datos persoais e último enderezo coñecido que se sinala a continuación, a incoación do correspondente expediente sancionador polo delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes de Lugo.

Noméase instructor do procedemento a Mauricio Alonso Troncoso, funcionario desta delegación. A

resolución será acordada polo delegado provincial desta consellería.

O denunciado disporá dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta cédula para que poida examina-lo expediente nesta delegación provincial, sita en Ronda da Muralla, 134-4ª planta, a presenta-lo descargo e documentos que considere convenientes na súa defensa, así como para a recusación da persoa designada como instructor.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial, sita en Ronda da Muralla, 134-4ª planta, Lugo.

Lugo, 2 de decembro de 1994.

José Ramón Molinero Senovilla

Delegado provincial de Lugo