Obxecto.-Concesión administrativa para a construcción e explotación dun aparcamento subterráneo na Ronda de Outeiro (zoa Teixeira de Pascoaes).
Canon mínimo.-O equivalente a 6.000 ptas./ano por praza de aparcamento.
Garantías.-Provisional: 1.500.000 pesetas. Definitivas: pola execución das obras: 4% do orzamento
de execución material. Por prestación do servicio: 3.000.000 de pesetas.
Clasificación esixida.-Grupo B, subgrupo 2, categoría F.
Modelo de proposición.-As proposicións económicas axustaranse ó seguinte modelo:
«Don/Dona ... en representación de ... veciño de ... con domicilio en ... informado/a do prego de condicións do concurso para a concesión administrativa para a xestión dun estacionamento para vehículos no subsolo da Ronda de Outeiro, zoa Teixeira de Pascoaes que incluirá a construcción do aparcamento subterráneo, acéptao na súa integridade, achega os documentos e proxecto básico esixido, nos que se detallan as súas características funcionais e se compromete a tomar ó seu cargo a concesión nas seguintes condicións:
1º-O orzamento total das obras e instalacións é:
-Obra civil: ... pesetas.
-Instalacións: ... pesetas.
-Total: ... pesetas.
2º-O prazo de execución das obras que se ofertan é de .................... meses.
3º-O número de prazas de aparcamento é de:
-Cesión permanente: ... prazas.
-Alugueiro: ... prazas.
-Total: ... prazas.
4º-O prezo pola cesión durante a vixencia da concesión para residentes é de ...........................pesetas.
5º-O prezo de alugueiro horario é de ... ptas./hora ou fracción.
6º-A duración da concesión é de ............... anos.
7º-O canon anual que lle hai que pagar ó concello da Coruña é de ................................. ptas./praza, o que supón unha cantidade global de pesetas.
8º-Vixilancia e seguridade do aparcamento.
E, en proba de conformidade, asina a presente proposta en ..., ... de ... de ...».
Presentación de proposicións: Presentaranse en dous sobres pechados e asinados polo concursante ou persoa que o represente, numerados co un (1), correspondente a documentación xeral, e dous (2), correspondente a proposición económica e técnica, no rexistro xeral de entrada deste Concello, en man ou por correo, no prazo de vinte días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio de licitación no Boletín Oficial del Estado, en horas de nove a trece. No caso de resultar sábado o día de finalización do prazo quedará automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.
Prego de condicións.-Poderanse examinar e retirar copia na Unidade de Obras e Concesións.
A Coruña, 19 de decembro de 1994.
O alcalde
Rubricado

