A Comisión de Goberno, en sesión celebrada o día 2 de novembro de 1994, acordou optar polo sistema de concurso para a autobomba con destino ó Servicio de Bombeiros, aprobando para ó efecto o prego de condicións que ha de rexelo, que foi exposto ó público durante o prazo de oito días hábiles que determina o artigo 122 do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, e non foi obxecto de reclamacións, polo que se anuncia a licitación, de acordo coas seguintes condicións:
Obxecto.-Autobomba con destino ó Servicio de Bombeiros (Ref. S94/176).
Tipo de licitación.-28.900.000 pesetas (IVE incluído).
Garantías.-Provisional: 578.000 pesetas; definitiva: 4% do importe da adxudicación.
Modelo de proposición.-Reintegradas cun timbre municipal de 22.600 pesetas as proposicións axustaranse ó seguinte modelo:
«Don/Dona ... veciño/a ... de ..., con domicilio en .... provisto de DNI nº ..., en representación de ... con domicilio en ... (ou no seu propio nome) informado/a do anuncio de concurso para autobomba con destino ó Servicio de Bombeiros, e do prego de condicións que o regula, que acepto integramente e me comprometo a acatar, formulo proposición optando á adxudicación polo prezo de ... pesetas (IVE incluído).
En proba de aceptación de tales compromisos, deixo asegurada esta proposición co depósito previo esixido, como xustifico co resgardo que achego.
Data e sinatura do propoñente.»
Presentación de proposicións.-Presentaranse en sobre pechado no rexislro xeral de entrada deste concello, en man ou por correo, no prazo de vinte días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio de licitación no Boletín Oficial del Estado, en horas de nove a trece.
Prego de condicións.-Poderase examinar e retirar copia no Departamento de Contratación deste Concello.
A Coruña, 19 de decembro de 1994.
O alcalde
Rubricado
CONCELLO DA RÚA

