O Pleno Municipal, en sesión celebrada o día 15 de setembro do ano en curso, acordou aprobar inicialmente o plan parcial de ordenación do sector
do solo apto para urbanizar de uso industrial «As Pedreiras». O expediente, de acordo co que establece o art. 116 do R.D.L. 1/1992, do 26 de xuño, sométese a información pública por prazo de un mes, contado a partir da publicación desta edicto no DOG para exame e presentación de alegacións, significando:
a) Que o expediente, no que están incluídos os planos e demais documentos que o forman, incluído o acordo corporativo, se atopa exposto na secretaría; e,
b) Que se poderá examinar e presentar alegacións tódolos días hábiles do prazo antes dito e en horario de 9 a 14 horas.
A Rúa, 12 de decembro de 1994.
José Vicente Solarat López
Alcalde da Rúa

