Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Luns, 02 de xaneiro de 1995 Páx. 54

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FENE

EDICTO.

Convocatoria e bases que rexerán a provisión en propiedade, polo sistema de promoción interna por oposición, dunha praza de oficial de xardinería, incluída na oferta pública de 1994.

1º.-Obxecto da convocatoria.

É obxecto da presente convocatoria a provisión en propiedade, polo sistema de promoción interna por oposición, dunha praza de oficial de xardinería, encadrada na escala de administración especial, subescala de servicios especiais, clase persoal de oficios, pertencente ó grupo D, segundo o disposto no artigo 25 da Lei 30/1994.

As bases da convocatoria publicaranse integramente no Boletín Oficial da provincia, no Diario Oficial de Galicia e taboleiro de edictos do concello, anunciándose un extracto dela no Boletín Oficial del Estado. Os anuncios sucesivos inseriranse soamente no primeiro dos boletíns citados e no taboleiro de edictos.

2º.-Condicións dos aspirantes.

Os aspirantes deberán reuni-los requisitos seguintes, referidos á data na que remate o prazo de presentación de instancias:

a) Pertencer á escala de administración especial, subescala de servicios especiais, clase persoal de oficios deste concello, e te-la categoría de operario-peón.

b) Ter unha antigüidade de, polo menos, dous anos na mencionada subescala.

c) Posuí-lo título de graduado escolar, formación profesional de primeiro grao ou equivalente.

d) Carta de pagamento acreditativa de ter ingresado na tesourería municipal do concello a cantidade de 1.000 pesetas, en concepto de dereitos de exame.

3º.-Presentación de instancias.

As instancias nas que se solicite tomar parte na oposición polo sistema de promoción interna, nas que os aspirantes manifestarán expresamente que reúnen todas e cada unha das condicións esixidas na base segunda, dirixiranse ó Sr. alcalde presidente e presentaranse no rexistro xeral do concello, durante o prazo de vinte días naturais contados a partir da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

As instancias poderán presentarse tamén na forma que determina o artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

No rexistro xeral do concello facilitaranse modelos normalizados das devanditas instancias.

4º.-Admisión de aspirantes.

Rematado o prazo de presentación de instancias, a alcaldía dictará resolución no prazo máximo de un mes en que aprobe a lista de aspirantes admitidos e excluídos cos motivos da exclusión, e a designación do tribunal cualificador, que se publicará no Boletín Oficial da provincia e no taboleiro de edictos da corporación, concedéndose un prazo de 10 días para emenda polos aspirantes excluídos dos defectos a que alude o artigo 71 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e a abstención e recusación dos membros dos tribunais. A publicación da devandita resolución no Boletín Oficial da provincia será determinante, así mesmo, para efectos de posible impugnación e recursos, de conformidade co previsto na invocada lei.

Poderá publicarse exclusivamente a lista de aspirantes excluídos, cos motivos da exclusión.

A mencionada lista elevarase a definitiva polo transcurso do prazo para reclamacións, se non as houbese; no caso contrario exporase de novo a lista definitiva, na mesma forma cá anterior.

5º.-Tribunal cualificador.

O tribunal que xulgará as probas de que consta a oposición estará constituído do seguinte xeito:

Presidente: o alcalde presidente do concello, ou membro da corporación en quen delegue.

Secretario: o do concello ou funcionario en quen delegue.

Vocais:

Un representante da Xunta de Galicia.

O enxeñeiro municipal.

O secretario do concello.

Un representante do Comité de Persoal.

Un enxeñeiro técnico agrícola designado pola alcaldía.

Un representante de cada grupo político con representación na corporación.

O tribunal quedará integrado ademais polos respectivos suplentes. Tódolos membros do tribunal

deberán contar con titulación igual ou superior á esixida para o acceso á praza, agás o presidente. O secretario actuará en tódolos casos con voz e voto.

Ningún tribunal poderá constituírse nin actuar sen a asistencia de máis da metade dos seus membros, titulares ou suplentes, indistintamente.

Os membros do tribunal deberán absterse de intervir, notificándollo á autoridade convocante, cando concorran neles algunha das circunstancias previstas no artigo 28 e 29 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou cando realizaran tarefas de preparación de aspirantes a probas selectivas nos cinco anos anteriores á publicación da correspondente convocatoria.

Os aspirantes podarán recusa-los membros do tribunal cando concorra calquera desas circunstancias.

Os tribunais podarán dispoñe-la incorporación de asesores especialistas para as probos en que así o coiden necesario ou conveniente. Os ditos asesores limitaranse ó exercicio das súas especialidades técnicas, con base exclusivamente nas cales colaborarán co respectivo tribunal.

A designación nominal dos membros dos tribunais incluirá a dos respectivos suplentes e será publicada no Boletín Oficial da provincia, así como no taboleiro de edictos da corporación.

Para efectos de asistencias e axudas de custo, o tribunal entenderase encadrado na categoría cuarta.

6º.-Sistema de selección: promoción interna: oposición.

O procedemento de selección dos aspirantes consistirá nas seguintes probas:

Primeiro exercicio: de carácter práctico, eliminatorio e obrigatorio, consistirá en realizar unha ou varias das tarefas seguintes determinadas polo tribunal inmediatamente antes de se celebra-lo exercicio, nun tempo máximo dunha hora:

1.-Unha poda.

2.-Amaño dun macizo de flor.

3.-Preparar unha planta co seu terrón e face-la súa plantación.

Segundo exercicio: de carácter obrigatorio, eliminatorio e escrito, consistirá en contestar un cuestionario de 20 preguntas con respostas alternativas referentes ó programa achegado ás bases, nun tempo máximo dunha hora.

Os exercicios valoraranse de 0 a 10 puntos, terán carácter eliminatorio e para superalos os aspirantes deberán acadar unha puntuación mínima de 5 puntos, en cada un deles.

A cualificación definitiva da oposición será o resultado da suma das puntuacións obtidas polos aspirantes en cada un dos exercicios da oposición, e será a que servirá para elabora-la relación de aprobados por orde de puntuación.

O tribunal non poderá aprobar nin declarar que superaron as probas un número de aspirantes superior ó das prazas convocadas.

7º.-Comezo das probas.

A data, hora e lugar de comezo do primeiro exercicio anunciarase con quince días de antelación, cando menos, no Boletín Oficial da provincia, e non poderá comezar sen que transcorran dous meses como mínimo desde a publicación da convocatoria.

A data de celebración dos demais exercicios publicarase unicamente no taboleiro de edictos do concello.

A orde de actuación dos opositores, nas probas que non sexan conxuntas, comezará pola letra «N», de conformidade co establecido na resolución da Secretaría de Estado para a Administración Pública do 24 de marzo de 1994. Os aspirantes serán convocados para cada exercicio en chamamento único, sendo excluídos os que non comparezan, agás nos casos de forza maior debidamente xustificados e libremente apreciados polo tribunal. As razóns e probas xustificativas formularanse dentro das 24 horas seguintes á celebración do exercicio e, de ser apreciadas polo tribunal, causarían a suspensión inmediata dos exercicios pendentes ata que non fose examinado do anterior exercicio o aspirante interesado.

8.-Relación de aprobados, presentación de documentos e nomeamento.

Rematadas as probas e efectuadas as cualificacións, o tribunal publicará a lista de aprobados, que non poderá ser superior ó número de prazas convocadas, e elevará a dita relación á presidencia da corporación para que se formule a correspondente proposta de nomeamento.

O opositor proposto presentará na secretaría do concello, dentro do prazo de vinte días naturais contados a partir da publicación da lista de aprobados, os documentos acreditativos das condicións que para tomar parte na oposición se esixen na base segunda, e que son:

1.-Fotocopia do DNI (que se presentará acompañada do orixinal para a súa compulsa).

2.-Copia auténtica ou fotocopia (que se presentará acompañada do orixinal para a súa compulsa) do título de graduado escolar, formación profesional de primeiro grao ou equivalente.

3.-Certificación acreditativa de reuni-los requisitos esixidos nos apartados a) e b) da base 2ª.

Dentro do prazo indicado, agás os casos de forza maior, os opositores propostos que non presenten a súa documentación ou non reuniran os requisitos esixidos, non poderán ser nomeados e quedarán anuladas tódalas súas actuacións, sen prexuízo das responsabilidades nas que puideran incorrer por falsidade.

No prazo de un mes, a contar da notificación do nomeamento, o aspirante nomeado deberá tomar posesión do seu cargo, prestando xuramento ou promesa de conformidade co disposto no R.D. 707/1979, do 5 de abril, quedando en situación de cesante cando, sen causa xustificada, non o fixese dentro do prazo sinalado.

9º.-Resolución de dúbidas.

O tribunal queda autorizado para resolve-las dúbidas que se presenten e para toma-los acordos necesarios para a boa orde da oposición. En todo o non previsto nestas bases, rexerá como supletorio o Regulamento xeral do ingreso de persoal ó servicio da Administración do Estado de 1984; Real decreto 896/1991, do 7 de xuño, e demais normas aplicables.

10º.-Impugnación da convocatoria e dos seus actos.

Contra a presente convocatoria e as súas bases poderá recorrerse mediante a interposición do oportuno recurso. Os octos administrativos derivados da convocatoria e da actuación dos tribunais podarán ser impugnados polos interesados nos casos e na forma establecidos na Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Fene, 15 de decembro de 1994.

O alcalde

Rubricado

PROGRAMA (ANEXO I)

1.-A Constitución española. Principios xerais.

2.-Dereitos e deberes fundamentais dos españois.

3. -A Coroa. O poder lexislativo.

4.-O Goberno e a Administración pública.

5.-A organización territorial do Estado. A Comunidade Autónoma galega.

6.-O municipio: Órganos de goberno. Competencias. Bases do réxime electoral local.

7.-Funcionarios: Concepto e clases. Dereitos e deberes dos funcionarios. Dereitos económicos e sindicais. Réxime disciplinario. Seguridade social.

8.-O octo administrativo: Concepto e elementos. O procedemento administrativo: Concepto, fins e fases. Os recursos.

9.-A responsabilidade da administración. As formas da actividade da administración pública: o fomento, a policía e o servicio público.

10.-As plantas: partes e funcións. As plantas e medio ambiente.

11.-O solo: o solo e os seus compoñentes. As terras de cultivo. Os fertilizantes.

12.-As árbores ornamentais: as especies máis comúns de árbores caducifolias e perennifolias, con especial alusión ás especies mellor adaptables á Galicia interior.

13.-Especies vexetais: arbustos de folla caduca e perenne. Coníferas arbustivas e ananas.

14.-As plantas herbáceas: plantas anuais, bienais e vivaces. As plantas bulbosas.

15.-Os céspedes: xeneralidades. Preparación do solo. Métodos de implantación. Especies máis comúns. Primeiros coidados.

16.-As roseiras: clasificación das roseiras. O solo para o cultivo das roseiras. Labores de mantemento.

17.-As regas: papel da auga na vida dunha planta. Necesidade da auga nos distintos grupos de plantas. Distintas necesidades de auga para a planta ó longo do ano. Como efectua-las regas en xardinería.

18.-Os inimigos das plantas: pragas e enfermidades máis frecuentes. Viroses. Accidentes non biolóxicos. Loita cultural. Loita química.

19.-Poda: conceptos xerais. Obxecto da poda en xardinería. Tipos de poda e épocas máis idóneas.

20.-Apeiros de xardinería: ferramentas elementais. Os cortacéspedes. Accesorios e maquinaria complementaria de xardinería. O seu mantemento e conservación.

21.-Operacións de mantemento e conservación: Labores fundamentais en árbores, arbustos, sebes e vivaces.