Convocatoria e bases que rexerán a provisión en propiedade, polo sistema de promoción interna por oposición, de unha praza de chófer palista, incluída na oferta pública de 1994.
1ª.-Obxecto da convocatoria.
É obxecto da presente convocatoria a provisión en propiedade, polo sistema de promoción interna por oposición, de unha praza de chófer palista, encadrada na escala de administración especial, subescala de servicios especiais, clase persoal de oficios, pertencente ó grupo D, segundo o disposto no artigo 25 da Lei 30/1994.
As bases da convocatoria publicaranse integramente no Boletín Oficial da provincia, no Diario Oficial de Galicia e taboleiro de edictos do concello, anunciándose un extracto dela no Boletín Oficial del Estado. Os anuncios sucesivos inseriranse soamente no primeiro dos boletíns citados e no taboleiro de edictos.
2ª.-Condicións dos aspirantes.
Os aspirantes deberán reuni-los requisitos seguintes, referidos á data na que remate o prazo de presentación de instancias:
a) Pertencer á escala de administración especial, subescala de servicios especiais, clase persoal de oficios deste concello, e te-la categoría de operario-peón.
b) Ter unha antigüidade de, polo menos, dous anos na mencionada subescala.
c) Posuí-lo título de graduado escolar, formación profesional de primeiro grao ou equivalente.
d) Posuí-lo permiso de conducción clase C2.
e) Carta de pagamento acreditativa de ter ingresado na tesourería municipal do concello a cantidade de 1.000 pesetas, en concepto de dereitos de exame.
3ª.-Presentación de instancias.
As instancias mediante as que se solicita tomar parte
na oposición polo sistema de promoción interna, nas que os aspirantes manifestarán expresamente que reúnen todas e cada unha das condicións esixidas na base segunda, dirixiranse ó Sr. alcalde presidente e presentaranse no rexistro xeral do concello, durante o prazo de vinte días naturais contados a partir do da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.
As instancias poderán presentarse tamén na forma que determina o artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
No rexistro xeral do concello facilitaranse modelos normalizados das devanditas instancias.
4ª.-Admisión de aspirantes.
Rematado o prazo de presentación de instancias, a alcaldía dictará resolución no prazo máximo de un mes pola que aprobará a lista de aspirantes admitidos e excluídos cos motivos da exclusión, e a designación do tribunal cualificador, que se publicará no Boletín Oficial da provincia e no taboleiro de edictos da corporación, concedéndose un prazo de 10 días para emenda polos aspirantes excluídos dos defectos a que alude o artigo 71 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e a abstención e recusación dos membros dos tribunais. A publicación da devandita resolución no Boletín Oficial da provincia será determinante, así mesmo, para efectos de posible impugnación e recursos, de conformidade co previsto na invocada lei.
Poderá publicarse exclusivamente a lista de aspirantes excluídos, cos motivos da exclusión.
A mencionada lista elevarase a definitiva polo transcurso do prazo para reclamacións, se non as houbese; no caso contrario exporase de novo a lista definitiva, na mesma forma cá anterior.
5ª.-Tribunal cualificador.
O tribunal que xulgará as probas de que consta a oposición estará constituído do seguinte xeito:
Presidente: o alcalde presidente do concello, ou membro da corporación en quen delegue.
Secretario: o do concello ou funcionario en quen delegue.
Vocais:
Un representante da Xunta de Galicia.
O enxeñeiro municipal.
O secretario do concello.
Un representante do Comité de Persoal.
Un representante de cada grupo político con representación na corporación.
O tribunal quedará integrado ademais polos respectivos suplentes. Tódolos membros do tribunal deberán contar con titulación igual ou superior á esixida para o acceso á praza, agás o presidente. O secretario actuará en tódolos casos con voz e voto.
Ningún tribunal podeá constituírse nin actuar sen a asistencia de máis da metade dos seus membros, titulares ou suplentes, indistintamente.
Os membros do tribunal deberán absterse de intervir, notificándollo á autoridade convocante, cando concorran neles algunha das circunstancias previstas no artigo 28 e 29 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou cando realizaran tarefas de preparación de aspirantes a probas selectivas nos cinco anos anteriores á publicación da correspondente convocatoria.
Os aspirantes poderán recusa-los membros do tribunal cando concurra calquera desas circunstancias.
Os tribunais poderán dispoñe-la incorporación de asesores especialistas para as probas en que así o coiden necesario ou conveniente. Os ditos asesores limitaranse ó exercicio das súas especialidades técnicas, con base exclusivamente nas cales colaborarán co respectivo tribunal.
A designación nominal dos membros dos tribunais incluirá a dos respectivos suplentes e será publicada no Boletín Oficial da provincia, así como no taboleiro de edictos da corporación.
Para efectos de asistencias e axudas de custo, o tribunal entenderase encadrado na categoría cuarta.
6ª.-Sistema de selección: promoción interna: oposición.
O procedemento de selección dos aspirantes consistirá nas seguintes fases:
A) Fase de concurso:
-Por servicios prestados ó Concello de Fene como operario peón: 0,10 puntos por mes, ata un máximo de 4 puntos.
-Por servicios prestados noutras administracións públicas, nas mesmas condicións sinaladas no apartado anterior: 0,05 puntos por mes, ata un máximo de 2 puntos.
-Curso de iniciación da lingua galega: 0,75 puntos.
-Curso de perfeccionamento da lingua galega: 1,50 puntos.
-Permiso de conducción clase D: 1 punto, clase E: 2 puntos.
A acreditación dos servicios prestados efectuarase mediante certificación expedida polo ente público no que se teñan prestados os servicios.
A acreditación de realización dos cursos farase mediante certificado expedido ou homologado pola Dirección Xeral de Política Lingüística ou Consellería de Educación e a dos permisos de conducción mediante fotocopia autenticada do permiso de conducción.
A valoración dos méritos, que se publicará dous días antes como mínimo, do comezo da fase de oposición, farase de conformidade coa documentación que aporten os aspirantes ó presentaren á solicitude de admisión ás probas.
B) Fase de oposición:
Constará das seguintes probas, de carácter obrigatorio, eliminatorio e escrito:
Primeiro exercicio: de carácter práctico, consistirá en facer unha práctica de conducción dos vehículos propios da praza que se convoca.
Segundo exercicio: consistirá en contestar por escrito a 10 preguntas referentes ó programa achegado ás bases, nun tempo máximo de unha hora.
Os exercicios primeiro e segundo valoraranse de 0 a 10 puntos, terán carácter eliminatorio e para superalos os aspirantes deberán acadar unha puntuación mínima de 5 puntos en cada un deles.
A puntuación obtida na fase do concurso non poderá aplicarse para supera-la fase de oposición.
A puntuación final será dada pola suma de puntuación obtida na fase de oposición e na do concurso, sempre e cando os aspirantes superen a fase de oposición coa puntuación mínima de cinco puntos, que é a puntuación mínima necesaria para superar cada un dos exercicios da fase de oposición.
O tribunal nun poderá aprobar nin declarar que superaron as probas un número de aspirantes superior ó das prazas convocadas.
7ª.-Comezo das probas.
A data, hora e lugar de comezo do primeiro exercicio anunciarase con quince días de antelación, cando menos, no Boletín Oficial da provincia, e non poderá comezar sen que transcorran dous meses como mínimo desde a publicación da convocatoria.
A data de celebración dos demais exercicios publicarase unicamente no taboleiro de edictos do concello.
A orde de actuación dos opositores, nas probas que non sexan conxuntas, comezará pola letra «N», de conformidade co establecido na resolución da Secretaría de Estado para a Administración Pública do 24 de marzo de 1994. Os aspirantes serán convocados para cada exercicio en chamamento único, sendo excluídos os que non comparezan, agás nos casos de forza maior debidamente xustificados e libremente apreciados polo tribunal. As razóns e probas xustificativas formularanse dentro das 24 horas seguintes á celebración do exercicio e, de ser apreciadas polo tribunal, causarían a suspensión inmediata dos exercicios pendentes ata que non fose examinado do anterior exercicio o aspirante interesado.
8ª.-Relación de aprobados, presentación de documentos e nomeamento.
Rematadas as probas e efectuadas as cualificacións, o tribunal publicará a lista de aprobados, que non poderá ser superior ó número de prazas con
vocadas, e elevará a dita relación á presidencia da corporación para que se formule a correspondente proposta de nomeamento.
O opositor proposto presentará na secretaría do concello, dentro do prazo de vinte días naturais contados a partir da publicación da lista de aprobados, os documentos acreditativos das condicións que para tomar parte na oposición se esixen na base segunda, e que son:
1.-Fotocopia do DNI (que se presentará acompañada do orixinal para a súa compulsa).
2.-Copia auténtica ou fotocopia (que se presentará acompañada do orixinal para a súa compulsa) do título de graduado escolar, formación profesional de primeiro grao ou equivalente.
3.-Certificación acreditativa de reuni-los requisitos esixidos nos apartados a) e b) da base 29º.
Dentro do prazo indicado, agás os casos de forza maior, os opositores propostos que non presenten a súa documentación ou non reunisen os requisitos esixidos, non poderán ser nomeados e quedarán anuladas tódalas súas actuacións, sen prexuízo das responsabilidades nas que puidesen incorrer por falsidade.
No prazo de un mes, contado a partir do da notificación do nomeamento, o aspirante nomeado deberá tomar posesión do seu cargo, prestando xuramento ou promesa de conformidade co disposto no R.D. 707/1979, do 5 de abril, quedando en situación de cesante cando, sen causa xustificada, non o fixese dentro do prazo sinalado.
9ª.-Resolución de dúbidas.
O tribunal queda autorizado para resolve-las dúbidas que se presenten e para toma-los acordos necesarios para a boa orde da oposición. En todo o non previsto nestas bases, rexerá como supletorio o Regulamento xeral do ingreso de persoal ó servicio da Administración do Estado de 1984; Real decreto 896/1991, do 7 de xuño, e demais normas aplicables.
10ª.-Impugnación da convocatoria e dos seus actos.
A presente convocatoria e as súas bases poderán recorrerse mediante a interposición do oportuno recurso. Os actos administrativos derivados da convocatoria e da actuación dos tribunais poderán ser impugnados polos interesados nos casos e na forma establecidos na Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Fene, 15 de decembro de 1994.
O alcalde
Rubricado
PROGRAMA (ANEXO I)
1.-O motor, concepto, clases e elementos. O cilindro, cámara de compresión, ciclos teórico e práctico, tempos do motor, reglaxes. Orde de explosións.
2.-A carburación: Bomba de alimentación. O carburador, bomba de aceleración, economizadores e arranque en frío.
3.-O engraxado, sistema de engraxado, bombas de engraxado.
4.-A refrixeración, tipos de refrixeración. Elementos e sistemas.
5.-O acendido, tipos de acendido. O sistema por batería, elementos. Acendido electrónico. Reglaxes e automatismo do circuíto de carga da batería. O motor de arranque.
6.-A distribución. Elementos do sistema de distribución.
7.-O motor diésel: órganos principais. Funcionamento. Formas de inxección, bomba de alimentación. Bomba de inxección: regulador e inxectores. Arranque en frío.
8.-A transmisión: concepto e elementos. O embrague, caixa de cambios. Árbore de transmisión. Diferencial.
9.-A suspensión Amortecedores.
10.-A dirección: partes constituíntes, sistemas de dirección, servodirección, cotas.
11.-Os freos. Tipos. A bomba de freo. Freos de tambor, de disco e de aire. Servofreo e freos electrónicos.
12.-Rodas e pneumáticos. Partes constituíntes. Mantemento e cambio.
13.-O municipio de Fene: características xeográficas, económicas e sociais. Toponimia de Fene: entidades e núcleos de poboación.

