Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Luns, 02 de xaneiro de 1995 Páx. 59

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (Expediente FG nº 221).

O Pleno do Concello, en sesión celebrada o día 16 de novembro de 1994, acordou aprobar definitivamente o expediente denominado Proxecto de urbanización relativo a U.A. nº 23 As Garruchas, sito en Pto. Sta. Cruz, Rúa das Viñas da Babilonia-Liáns (Oleiros).

Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, poderá interpor recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses a partir do día seguinte a aquel en que reciba a presente notificación. De interpoñelo, advírteselle que o artigo 110.3 da lei, require a comunicación previa ó órgano que dictou o acto impugnado. Tamén poderá interpo-lo recurso extraordinario de revisión cando concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 118 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, polo que se aproba o réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, nos prazos establecidos no aptdo. 2 do mesmo artigo 118. Todo isto, sen prexuízo do dereito dos interesados a formula-la solicitude e a instancia a que se refiren os artigos 102.1 e 105.2 da citada lei.

Oleiros, 9 de decembro de 1994.

Ángel García Seoane

Alcalde-presidente