Aprobado polo Concello de Ourense en Pleno, en sesión ordinaria do 10 de novembro de 1994, o prego de condicións para contratar mediante concurso o servicio de limpeza dos colexios públicos do municipio de Ourense, de conformidade cos artigos 122 e 123 do Real decreto 781/1986, do 18 de abril, sácase a pública licitación a adxudicación de acordos coas seguintes condicións:
a) Exponse ó público, polo prazo de oito días seguintes ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o prego de condicións que ha de rexe-lo concurso, para efectos de exame e reclamacións.
b) Simultaneamente e sen prexuízo do disposto no citado artigo 122, anúnciase a presentación de proposicións para tomar parte no concurso conforme coas seguintes condicións:
1º É obxecto deste concurso os servicios de limpeza dos edificios dos colexios públicos de primaria/ensino xeral básico situados no termo municipal de Ourense.
2º Duración do contrato: a adxudicación faise por un período de cinco anos (exceptuando os meses de xullo e agosto) a partir do día seguinte ó da sinatura do contrato.
3º O tipo de licitación será sinalado libremente polos concursantes.
4º A presentación dos pregos farase en man no Rexistro Xeral do Concello de Ourense, no termo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ó da aparición do último anuncio no Boletín Oficial da provincia, no Boletín Oficial del Estado ou no Diario Oficial de Galicia, das nove ás trece horas.
5º Garantías. A fianza provisional é de un millón de pesetas (1.000.000 ptas.). A fianza definitiva é do 4% do importe anual da dita adxudicación.
6º Documentos que hai que aportar:
1. O que acredite a personalidade do concursante. Se a empresa é persoa xurídica, a escritura de constitución coas súas modificacións, debidamente inscrita no rexistro mercantil.
2. Para os concursantes individuais o documento nacional de identidade ou o que, se é o caso, o substitúa regulamentariamente.
3. Poder verificado na súa suficiencia para este concurso polo secretario da corporación, cando se actúe en representación de persoas físicas ou xurídicas.
4. Declaración responsable de que non lle afecta ó licitador ningunha das causas de incapacidade ou incompatibilidade sinaladas pola lexislación básica do Estado.
5. Declaración responsable de se atopa-lo licitador ó corrente no cumprimento das obrigas tributarias do Estado e con este concello.
6. Certificación acreditativa de se atopa-lo licitador ó corrente no pagamento das cotas á Seguridade Social.
7. Resgardo acreditativo de ter constituída a fianza provisional.
8. Memoria explicativa de:
a) Forma de presta-lo servicio que propón, indicando horarios, frecuencia na realización de cada tarefa e demais detalles que procedan.
b) Técnicas que se van utilizar na prestación do servicio, expresando a maquinaria, obxectos e productos que se van empregar en cada caso.
c) Persoal que se adscribirá á prestación do servicio e que non deberá ser inferior a corenta e seis operarios en xornada completa ou equivalente en xornadas parciais.
d) Calquera outra circunstancia que coide pertinente o licitador, mesmo proposta de variación da forma de presta-lo servicio-obxecto do concurso.
7º Apertura de plicas: a apertura de plicas terá lugar na Casa do Concello ás doce horas do primeiro día hábil seguinte ó do transcurso do prazo de licitación, que en caso de resultar sábado se entenderá prorrogado ó día hábil inmediato seguinte.
8º Modelo de proposición.
Don/Dona..., con DNI nº..., expedido en..., con domicilio en..., informado/a do anuncio publicado no Boletín Oficial da provincia de Ourense e dos pregos de condicións que rexerán no concurso para a prestación do servicio de limpeza dos colexios públicos do municipio de Ourense, por si (ou en representación de.... segundo acredita con...) comprométese a presta-lo dito servicio con estricta suxeición ás condicións que se detallan nas memorias adxuntas e prego de condicións, no prezo de...
En Ourense, ... de... de 1994.
9º Consulta do prego de condicións: o prego de condicións encóntrase ó dispor dos interesados na área de educación e xuventude, Arcediagos, 3-2º esqda.
Ourense, 23 de novembro de 1994.
Manuel Veiga Pombo
Alcalde

