O Pleno da Corporación, en sesión celebrada o día 24-11-94, acordou aprobar definitivamente o proxecto de urbanización para a execución do Plan Parcial da Unidade de Execución B-4 (Fontesanta).
O que se fai público para a súa executividade, subliñándose que contra este acordo poderá inter
poñerse recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte a esta publicación, logo de llo comunicar ó órgano que dictou o acto impugnado, e isto sen prexuízo de que poida exercer, se é o caso, calquera outro recurso que se coide procedente.
Pontevedra, 5 de decembro de 1994.
Francisco J. Cobián Salgado
Alcalde

