Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Luns, 02 de xaneiro de 1995 Páx. 61

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SADA

ANUNCIO das bases para prever en propiedade, mediante oposición libre, tres prazas de gardas da policía local incluídas na oferta de emprego público de 1994.

Primeira.-Obxecto da convocatoria.-É obxecto da presente convocatoria a provisión en propiedade, mediante oposición libre, de tres prazas de gardas da policía local, escala de administración especial, subescala de servicios especiais, clase de política local grupo D, segundo o establecido no artigo 25 da Lei 30/1984, do 2 de abril, e dotadas co saldo correspondente ó citado grupo D, nivel, trienios, pagas extraordinarias e retribucións complementarias, fixadas de acordo coa lexislación vixente.

A convocatoria publicarase integramente no Boletín Oficial da provincia, Diario Oficial de Galicia e anunciarase un extracto dela no Boletín Oficial del Estado. Os anuncios seguintes publicaranse unicamente no primeiro dos anteditos diarios.

Declárase expresamente que o tribunal que se designe para xulga-las probas selectivas non poderá aprobar nin declarar que as superaron un número de aspirantes superior ó das prazas que foron convocadas.

De conformidade co establecido no artigo 23 da Lei 3/1992, do 23 de marzo, os opositores que superen as probas selectivas terán que facer e superar tamén un curso de formación teórico-práctica na Academia Galega de Seguridade.

Os aspirantes que fosen declarados aptos e acadasen o correspondente nomeamento, terán a obriga de presta-la súa xornada de traballo na medida e formas requiridas polo interese do servicio.

Segunda.-Condicións dos aspirantes.-Os aspirantes, para tomar parte nas probas selectivas, terán que reuni-los seguintes requisitos, referidos todos e cada un deles á dala na que finalice a presentación das solicitudes:

a) Seren españois.

b) Teren cumpridos os dezaoito anos de idade e non excederen dos trinta.

c) Posuíren o título de graduado escolar; formación profesional de primeiro grao ou equivalente.

d) Non padeceren enfermidade ou defecto físico ou psíquico que lles impida o desempeño das funcións ou tarefas que corresponden á praza ou fosen incompatibles con elas.

e) Non teren sido separados do servicio do Estado, das comunidades autónomas ou da Administración local, mediante expediente disciplinario nin se atopar inhabilitados para exerceren funcións públicas.

f) Posuíren os permisos de conducción B1 e A2.

g) Teren unha estatura mínima de 1,70 m.

Terceira.-Presentación das instancias e admisión dos aspirantes.-As instancias de solicitude para tomar parte nas oposicións serán dirixidas ó alcalde e presentaranse no rexistro xeral do concello durante o prazo de vinte días naturais contados a partir do seguinte a aquel no que apareza o anuncio da convocatoria no BOE.

Para seres admitidos, e, se é o caso tomar parte na práctica das probas correspondentes, será suficiente que os asignantes manifesten nas súas instancias que reúnen todas e cada unha das condicións esixidas na convocatoria, referida sempre á data de finalización do prazo para presenta-las instancias, e que se comprometen a presta-lo xuramento ou promesa de acordo co que determina o R.d. 707/1979, do 5 de abril, no caso de seren propostos para o nomeamento.

As instancias tamén se podarán presentar na forma determinada no artigo 38.4 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Os dereitos de exame fíxanse en 1.000 ptas., que terán que aboar os participantes ó presentaren a instancia. A esta xuntaráselle inexcusablemente:

a) Xustificante de ingreso do importe dos dereitos de exame.

b) Unha fotocopia do DNI.

c) Unha fotocopia do carné de conducir.

Se algunha das instancias tivese algún defecto, requirirase ó interesado para que, nun prazo de dez días, emende a folla ou xunte os documentos preceptivos, con apercibimento de que se non o fai se arquivará a súa instancia sen máis trámite, e será excluído da lista de aspirantes.

Cuarta.-Admisión dos aspirantes.-Expirado o prazo de presentación de instancias, a presidencia da corporación dictará resolución na que declarará aprobada a lista de asignantes admitidos e excluídos. Na dita resolución, que se publicará no Boletín Oficial da provincia, indicarase, se é o caso o prazo de emenda que, nos termos do artigo 71 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, se lles conceda ós aspirantes excluídos, e determinarase a composición do tribunal, lugar e data de celebración dos exercicios.

Quinta.-Tribunal cualifcador.-O tribunal cualificador estará constituído da seguinte forma:

Presidente: o da corporación ou membro dela no que delegue.

Secretario: o da corporación ou funcionario no que delegue.

Vocais:

-Un representante da Administración autonómica.

-Un representante da Xefatura Provincial de Tráfico.

-Un funcionario de carreira designado pola Alcaldía.

-Concelleiro delegado de Tráfico.

A designación nominal dos membros do tribunal incluirá a dos respectivos suplentes, e publicarase no BOP, así como no taboleiro de anuncios da casa do concello, un mes antes, cando menos, do comezo da realización das probas.

Os membros do tribunal deberán absterse de intervir, notificándoo á autoridade convocante cando concorra neles algunha das circunstancias previstas no artigo 20 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administralivo común, ou cando realizasen tarefas de preparación de aspirantes a probas selectivas nos cinco anos anteriores á publicación da correspondente convocatoria.

Os aspirantes poderán recusa-los membros do tribunal cando concorra calquera das circunstancias anteditas.

O tribunal non se poderá constituír nin actuar sen a asistencia de máis da metade dos seus membros, titulares ou suplentes, indistintamente.

As indemnizacións por razón de asistencia dos membros do tribunal regularanse segundo o R.d. 236/1988, do 4 de marzo, revisados polo acorde do Consello de ministros d0o 12-2-1993.

Sexta.-Comezo das probas e orde de actuación dos aspirantes.-As probas non poderán comezar ata que transcorran dous meses desde a data na que apareza publicado o anuncio da convocatoria, no BOE. Quince días antes, como mínimo, do comezo dos exercicios, anunciarase no BOP o día, hora e lugar nos que se han realizar. Os anuncios sucesivos publicaranse no taboleiro de edictos do concello e nos locais onde se celebraron as probas anteriores.

Os anuncios do comezo de cada novo exercicio faranse cunha anticipación mínima de vintecatro horas.

Os aspirantes serán convocados en chamamento único para cada exercicio, agás nos casos de forza maior xustificados debidamente e que así apreciase discrecionalmente o tribunal.

Para establece-la orde na que deben actua-los participantes naqueles exercicios que non se puidesen celebrar conxuntamente, considerarase aplicable o establecido na resolución da Secretaría do Estado para a Administración pública, do 10 de febreiro de 1987 (BOE do día 18), que establece que a orde de actuación dos aspirantes iniciarase alfabeticamente polo primeiro da letra D. De non existiren aspirantes con letra D no primeiro apelido, a orde de actuación virá sinalada polas letras inmediatamente seguintes, segundo corresponda.

Sétima.-Exercicios.-Forma de desenvolvemento e sistema. A oposición constará de catro exercicios, todos eles de carácter obrigatorio e eliminatorio. Será necesario superar cada un deles para pasar ó seguinte.

Primeiro exercicio. Consistirá en medi-los aspirantes, e, unha vez comprobado que o opositor ten a mínima esixida, na realización das seguintes probas físicas:

1) Percorre-la distancia de 100 m en quince segundos.

2) Salto de lonxitude con carreira, cunha distancia mínima de 3 m.

3) Salto detido, de pé, coas pernas lixeiramente flexionadas, realizarase un salto vertical buscando a máxima altura. A altura mínima de 45 cm.

4) Salto cos pés xuntos cara a adiante, sen carreira, de 1,90 m como mínimo.

5) Subir a pulso por unha corda lisa, axudándose cos pés, a altura minima será de 5 m.

Estas probas realizaranse de acordo coas seguintes normas:

Cada unha das cinco probas será realizada sucesivamente pola totalidade dos aspirantes. Pasarán á realización da proba seguinte soamente aqueles aspirantes que acadasen a marca mínima sinalada para cada proba, e quedarán eliminados os restantes.

Os aspirantes disporán de dous intentos nas probas 2), 3), 4) e 5), e a proba 1) terá que se superar no primeiro e único intento.

Segundo exercicio.-Proba de tipo práctico de regulación do tráfico.

Terceiro exercicio.-Consistirá na realización de dúas probas:

a) Por escrito, no tempo máximo de hora e media, un cuestionario relacionado coa toponimia, vías de comunicación, edificios públicos e datos de todo tipo do termo municipal de Sada.

b) Parte do servicio sobre un suposto que constitúa unha función específica da policía local.

Cuarto exercicio.-Consistirá no desenvolvemento por escrito, no tempo máximo de dúas horas, dun cuestionario de cincuenta preguntas relacionadas co anexo desta convocatoria.

Os exercicios segundo, terceiro e cuarto cualificaranse de cero a dez puntos e serán necesarios cinco puntos, cando menos, para aprobalos.

A orde de cualificación definitiva estará determinada pola suma das puntuacións obtidas no conxunto dos exercicios.

O alcalde

Rubricado

ANEXO

PROGRAMA PARA O CUARTO EXERCICIO

PRIMElRA PARTE

Tema 1.-A Constitución española de 1978. Valores que a inspiran. Principios xerais da nosa Constitución.

Tema 2.-Dereitos e deberes fundamentáis dos españois. Garantía dos dereitos e suspensión deles.

Tema 3.-A Coroa. O poder lexislativo. O Goberno e o poder do Estado. O poder xudicial. Relacións entre os distintos poderes.

Tema 4.-O Tribunal Constitucional. Organización e funcións. O Defensor do Pobo. A reforma da Constitución.

Tema 5.-A organización territorial do Estado. Os estatutos de autonomía. O seu significado. Referencia especial a Galicia.

Tema 6.-Réxime local español. Os principios constitucionais e a súa regulamentación xurídica. O municipo. A organización municipal. Competencias.

Tema 7.-Estructura e organización do concello.

Tema 8.-Ordenanzas e regulamentos municipais. Clases. Procedemento da súa elaboración e aprobación.

Tema 9.-Intervención administrativa na actividade privada. Os medios de exercela. Os servicios públicos municipais.

Tema 10.-Os funcionarios públicos. Concepto e clases. Os funcionarios civís do Estado na Lei 30/1984. incompatibilidades e réxime disciplinario.

Tema 11.-A función pública local. Características. Dereitos e deberes dos funcionarios públicos locais. A Seguridade Social dos funcionarios locais.

SEGUNDA PARTE

Tema 1.-A Organización e funcións das forzas e corpos de seguridade en España. Referencia especial ás policías locais.

Tema 2.-Competencias da policía municipal como policía xudicial, administrativa e de seguridade. Referencia á lexislación vixente (Constitución lei orgánica das forzas e corpos de seguridade, lei orgánica do poder xudicial, lei de axuizamento criminal, leis sobre o réxime local código penal, etc.).

Tema 3.-Facultades do alcalde no tocante á seguridade cidadá.

Tema 4.-O termo municipal de Sada. Límites con outros municipios. Centros, dependencias e edificios públicos.

Tema 5.-Organismos oficiais que interveñen en materia de circulación. A policía de circulación. Facultades dos alcaldes en materia de circulación.

Tema 6.-A lei de tráfico. Circulación de vehículos con motor e seguridade vial. Estructura e contido.

Tema 7.-Normas xerais da circulación: disposicións xerais. Sentido da circulación. Parada, posta en marcha e marcha atrás. Preferencia de paso.

Tema 8.-Normas xerais de circulación. Vías en reparación. Parada, estacionamiento carga e descarga.

Tema 9.-Circulación urbana. Normas xerais de circulación. Detención e estacionamiento. Carga e descarga. Sinalización.

Tema 10.-Circulación de peatóns, bicicletas e ciclomotores: normas xerais de circulación. A circulación de animais e vehículos de tracción animal.

Tema 11.-Circulación de aultomóviles. Clasificación. Requisitos administrativos e técnicos. Os servicios públicos de viaxeiros. Circulación de tractores agrícolas.

Tema 12.-Iluminación e sinalizacións ópticas dos vehículos: clasificacion, descrición e utilización.

Tema 13.-Permisos de conducir. Concepto e clases. Facultades que confiren. Licencias de conducción.

Tema 14.-Denuncias por infraccións en materia de circulación: a infracción e as súas clases. Procedemento sancionador: iniciación, desenvolvemento e terminación. Retirada de vehículos da vía pública. Retirada do permiso de conducir.

Tema 15.-Sinais da circulación. Concepto e características. Clases: verticais horizontais e luminosos.

Tema 16.-Accidente de tráfico. Concepto e clases. Actuación inmediata e actividades administrativas.

Tema 17.-Tráfico e a policía local: organización e misións. Servicios que se van realizar: regulación do tráfico, denuncia das infraccións e investigación dos accidentes.