Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Luns, 02 de xaneiro de 1995 Páx. 63

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

EXPOSICIÓN pública do estudio de detalle da esquina da ronda de Don Bosco e a rúa Enrique Blein.

Aprobado inicialmente polo Concello Pleno, con data 30 de novembro de 1994, o estudio de detalle esquina ronda de Don Bosco e rúa Enrique Blein (3.865/401), promovido por Unión Fenosa, S.A., redactado polo arquitecto Sr. Corrochano Casares, e visado polo COAG con data 28 de novembro de 1994, sométese a información pública polo prazo de quince días hábiles con anuncios en DOG, BOP, Faro de Vigo e taboleiro de anuncios da Casa do Concello, así como notificación persoal ós propietarios e restantes interesados directamente afectados.

O prazo entenderase aberto desde a primeira publicación ata o remate dos quince días, contados desde o día seguinte ó do derradeiro anuncio.

O que se fai público para xeral coñecemento, significando que a documentación se atopa na Oficina Municipal de Información para exame e alegacións.

Vigo, 7 de decembro de 1994.

Carlos A. González Príncipe

Alcalde