O Concello Pleno, con data do 30 de novembro de 1994, aprobou inicialmente o estudio de detalle na U.E. IV-07 Montecelo Alto (3.255/411), presentado por don Dalmiro Faro Rodríguez, redactado polos arquitecios don Antonio Hernández Crespo e don Guillermo Miranda Blanco e visado polo COAG con data do 16 de setembro de 1994, e documentos engadidos visados o 25 de outubro de 1994, coa seguinte observación: en relación cos sólidos 3 e 4 a Comisión de Urbanismo solicita que durante a exposición pública se presente unha proposta que modifique as aliñacións dos sólidos, regularizando estas de modo que a rúa transversal que parte da travesía de Vigo se abra progresivamente á rúa de Montecelo Alto. Sométese a información pública polo prazo de quince días hábiles con anuncios en DOG, BOP, Faro de Vigo e taboleiro de anuncios da Casa do Concello, así como notificación persoal ós propietarios e restantes interesados directamente afectados.
O prazo entenderase aberto desde a primeira publicación ata o remate dos quince días, contados desde o día seguinte ó do derradeiro anuncio.
O que se fai público para xeral coñecemento, significando que a documentación se atopa na Oficina Municipal de Información para exame e alegacións.
Vigo, 20 de decembro de 1994.
Carlos A. González Príncipe
Alcalde

