O Concello Pleno, en sesión extraordinaria celebrada o día cinco de decembro de mil novecentos noventa e catro, aprobou inicialmente o expediente de expropiación forzosa, polo sistema de taxación conxunta, para a incorporación dos propietarios afectados á Xunta de Compensación do ámbito do S.U.N.P. A-26 denominado As Vacarizas, Montrove, Liáns.
De conformidade co artigo 219.2 do Real decreto lexislativo 1/1992, do 26 de xuño, exponse o proxecto ó público durante un mes, na Secretaría Xeral do Concello de Oleiros, para que, das 9 ás 13 horas, os que poidan resultar interesados, formulen as observacións e reclamacións que coiden convenientes, en particular no que se refire á titularidade ou valoración dos seus respectivos dereitos.
Oleiros, vinte de decembro de mil novecentos noventa e catro.
Ángel García Seoane
Alcalde-presidente

