Aprobadas inicialmente polo Pleno da Corporación, en sesión extraordinaria que tivo lugar o 29 de novembro de 1994, as normas subsidiarias de planeamento do Concello do Grove, sométense a información pública durante o prazo de un mes (contado de data a data) e 15 días naturais máis, que se contarán a partir do día seguinte á publicación do último anuncio no Diario Oficial de Galicia ou no Boletín Oficial da provincia; durante este período poderán ser examinadas neste concello, e formula-las alegacións que se consideren pertinentes, conforme se establece no artigo 116 a) do Real decreto lexislativo 1/1992, do 26 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre o réxime do solo e ordenación urbana.
Igualmente, de conformidade co disposto no artigo 102 da mencionada lei, o acordo de aprobación inicial do documento de planeamento leva implícito a suspensión de licencias, e neste sentido, adoptouse o seguinte acordo:
a) Que a dita suspensión teña a duración de un ano.
b) Que esta suspensión sexa total nas seguintes áreas:
-Ámbito do estudio de detalle nº 1, segundo delimitación grafiada en planos.
-Ámbito do estudio de detalle nº 2, segundo delimitación grafiada en planos.
-Ámbito do estudio de detalle nº 3, segundo delimitación grafiada en planos.
-Ámbitos das unidades de execución nº 1 á 17, ámbalas dúas inclusive, segundo delimitación grafiada en planos.
-Ámbito do estudio de detalle nº 8, segundo delimitación grafiada en planos.
-Ámbito do estudio de detalle nº 9, segundo delimitación grafiada en planos.
No resto das áreas do municipio, podería manterse a concesión de licencias, sempre e cando os proxectos cumpran simultaneamente a normativa anterior (normas subsidiarias provinciais), e as novas determinacións propostas no documento de planeamento.
O Grove, 30 de novembro de 1994.
Miguel Taboada de Santiago
Alcalde

