Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 19 de xaneiro de 1995 Páx. 672

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (expediente FG nº 222).

O Pleno do Concello, en sesión celebrada o día 16 de novembro de 1994, acordou aprobar definitivamente o expediente denominado «Estudio de detalle para a fixación de aliñacións e rasantes en predio sito en Buínte, Rúas das Palomas, Dexo (Oleiros).

Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses a partir do día seguinte ó que reciba a presente notificación. De interpoñelo, advírtese que o artigo 110.3 da lei require a comunicación previa ó órgano que dictou o acto impugnado. Tamén se poderá interpo-lo recurso extraordinario de revisión cando concorra algunha das circunstancias previstas no art. 118 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, nos prazos establecidos no apartado 2 do mesmo art. 118. Todo isto, sen prexuízo do dereito dos interesados a formularen a solicitude e a instancia a que se refiren os artigos 102.1 e 105.2 da citada lei.

Oleiros, 9 de decembro de 1994.

Ángel García Seoane

Alcalde-presidente