Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 19 de xaneiro de 1995 Páx. 672

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

APROBACIÓN inicial da modificación do plan xeral no SU-21 zona 16, por instancia do Concello de Ourense.

O Concello Pleno, en sesión ordinaria celebrada o día 15 de decembro de 1994, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1.-Aprobar inicialmente o proxecto de modificación do plan xeral no SU-21 zona 16, por instancia do concello de Ourense.

2.-Someter a información pública polo prazo dun mes, perante anuncios no DOG, BOP e nun dos diarios de maior circulación da provincia.

Poderase consulta-lo dito expediente no referido prazo a partir do seguinte día ó da data de publicación deste anuncio, no Departamento de Xestión e Promoción Urbana, así como achegar cantas alegacións coiden oportunas aqueles interesados no expediente.

Todo iso de conformidade co art. 128.1 do Regulamento de planeamento.

Ourense, 21 de decembro de 1994.

O alcalde

Rubricado

CONCELLO DE PONTE CALDELAS