Aprobado inicialmente polo Pleno da Corporación Municipal, na sesión ordinaria do día 9 de decembro de 1994, o expediente de modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento municipal, sométese a información pública durante o prazo de un mes contado a partir do día seguinte ó da inserción deste edicto no DOG, durante o mesmo poderá ser examinado no concello, e formula-las alegacións que se coiden pertinentes, conforme establece o artigo 116 a) do R.d.l. 1/1992, do 26 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre o réxime do solo e ordenación urbana.
Igualmente, de conformidade co disposto no artigo 102 da mencionada lei, acordouse a suspensión do outorgamento de licencias no ámbito do territorio obxecto das modificacións expresamente sinaladas no expediente exceptuándose da dita suspensión aquelas que, cumprindo coa normativa vixente, non incumpren a que se modifica inicialmente; o período de suspensión será efectivo ata a aprobación definitiva das mencionadas modificacións das normas, sen que poida o dito prazo supera-los dous anos.
Ponte-Caldelas, 27 de decembro de 1994.
Fidel Rodríguez Toubes
Alcalde

