Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 10 de febreiro de 1995 Páx. 1.155

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 17 de xaneiro de 1995 pola que se dictan instruccións sobre a confección de nóminas do persoal ó servicio da Administración autonómica para o ano 1995 e se revisan as súas retribucións.

Advertidos erros na citada orde, publicada no DOG nº 14, do vernes 20 de xaneiro de 1995, cómpre face-las seguintes correccións:

-Na páxina 677 punto 4.a) onde di «xuño a decembro» debe dicir «xuño ou decembro».

-Na páxina 681, na táboa de retribucións do persoal directivo, nas liñas 22, 23 e 24, onde di «Subdtor. xerente atención primaria», debe dicir «Dtor. xerente atención primaria».

-Na páxina 683, na táboa de retribucións do persoal sanitario non facultativo, na liña 9, categoría ATS, servicio especial de urxencias, na columna correspondente a nivel figura «22« e debe figurar «21».

-Na páxina 683, na táboa de retribucións do persoal sanitario non facultativo, na liña 24, categoría ATS, consulta institucións abertas, na columna correspondente a «produc. fixa», onde figura a cantidade «1.728» debe aparecer en branco. Na mesma liña, na columna «total retribucións», onde figura a cantidade «2.521.378» debe figura-la cantidade «2.500.642».

-Na páxina 683, na táboa de retribucións do persoal sanitario non facultativo, na liña 25, na categoría

ATS, consulta externa hospital, a columna correspondente a «produc. fixa» figura en branco, debendo figura-la cantidade «1.728». Na mesma liña, na columna «total retribucións», onde figura a cantidade «2.500.642», debe figura-la cantidade «2.521.378».

-Na páxina 684, na continuación da táboa de retribucións do persoal non sanitario, na liña 1, onde di «Enxeñeiro técnico xefe servicio», debe dicir «Enxeñeiro técnico xefe de grupo».

-Na páxina 684, na táboa de retribucións do persoal non sanitario, na liña 13, onde di «Xefe grupo administrativo» debe dicir «Xefe grupo auxiliar administrativo».

-Na páxina 684, táboa de retribucións do persoal non sanitario, na liña 18, onde di «Xefe persoal subalterno II», debe dicir «Xefe persoal subalterno II.AA.»