Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 10 de febreiro de 1995 Páx. 1.156

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 4 de xaneiro de 1995 pola que se dictan instruccións en relación coas condicións de cobertura de distintos postos de traballo por funcionarios do corpo de mestres.

Advertidos erros na devandita orde, publicada no DOG nº 14 do 20 de xaneiro pasado, cómpre face-la oportuna corrección:

Na páxina 685, columna dereita, cómpre substituí-lo punto 3º polo que figura a continuación: «Igualmente serán adscritos, con carácter definitivo a postos de apoio de carácter administrativo que ocupan por concurso, con perda do posto de traballo de orixe, os mestres que leven dous ou máis anos en tal situación e opten por permanecer neles. Os que encontrándose nesta situación non desexen acollerse a esta norma, o retorno ó seu posto de traballo producirase con efectos do 1 de setembro de 1995».