Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación dunha L.M.T. e C.T. por cambio de situación que ten as seguintes características especiais:
Peticionario: Electra Alto Miño, S.A.
Lugar no que se vai establece-la instalación: desde a L.M.T. existente San Xurxo-Picoña ata o C.T. que se proxecta en Mariña-San Xurxo, concello de Salceda de Caselas.
Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.
Características principais: L.M.T., aérea, a 15/20 kV, de 226 m de lonxitude, con conductores LA-56 e apoios de formigón. C.T. de 250 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V.
Orzamento: 2.190.022 ptas.
O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na
Rúa Nova de Abaixo, 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.
Pontevedra, 21 de novembro de 1994.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra

