Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2.617/1966 e no artigo 10 do Decreto 2.619/1966, ámbolos dous do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica coas seguintes características especiais:
Peticionario: Unión Fenosa.
Lugar no que se vai establece-la instalación: desde a futura subestación de Sanxenxo ata o apoio 81 da L.M.T. existente Pontevedra-Sanxenxo, concello de Sanxenxo.
Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.
Características principais: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 641 m de lonxitude, cunha capacidade de transporte de 10.000 kW, con conductor tipo LA-110 en dobre circuito e apoios de formigón.
Orzamento: 6.976.000 ptas.
O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, 2, e formularse contra este as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.
Pontevedra, 13 de xaneiro de 1995.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra

