Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro, sométese a infor
mación pública a petición de instalación dunha L.M.T., C.T. e R.B.T. que ten as seguintes características especiais:
Peticionario: Unión Fenosa.
Lugar no que se vai establece-la instalación: desde a L.M.T. ó C.T. de Quintás xa existente ata o C.T. que se proxecta en Quintáns-Norte, concello da Estrada.
Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.
Características principais: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 50 m de lonxitude, con conductores LA-56 e apoios de formigón. C.T. de 50 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V.R.B.T., aérea, de 375 m de lonxitude, con conductor tipo RZ e apoios de formigón.
Orzamento: 3.136.000 ptas.
O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.
Pontevedra, 13 de xaneiro de 1995.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra

