Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 10 de febreiro de 1995 Páx. 1.180

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TOMIÑO

EDICTO polo que se anuncia a aprobación inicial das normas subsidiarias de planeamento do Concello de Tomiño.

Aprobadas inicialmente polo Pleno da corporación municipal, na sesión extraordinaria do día 21 de

xaneiro de 1995, as normas subsidiarias de planeamento do Concello de Tomiño (Pontevedra), sométese a información pública durante o prazo de un mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste edicto no DOG; durante este poderá ser examinado no concello, e formularse as alegacións que se coiden pertinentes, conforme o art. 116 a) do Real decreto lexislativo 1/1992, do 26 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre o réxime do solo e ordenación urbana.

Igualmentemente, de conformidade co disposto no art. 102 da mencionada lei, acordouse a suspensión do outorgamento de licencias no ámbito de todo o termo municipal, exceptuándose da dita suspensión aquelas que, cumprindo coa normativa vixente, non incumpren a que se aproba inicialmente; o período de suspensión será efectivo ata a aprobación definitiva das mencionadas normas, sen que poida o dito prazo supera-los dous anos.

Tomiño, 23 de xaneiro de 1995.

O alcalde

Rubricado