Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 10 de febreiro de 1995 Páx. 1.180

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

EXPOSICIÓN pública do estudio de detalle da rúa Heraclio Botana 2.

Aprobado inicialmente polo Concello Pleno, con data do 28 de febreiro de 1994, o estudio de detalle da rúa Heraclio Botana 2 (2837/411), presentado por María Luz Fraga e fillo, e redactado por Juan Carlos Fernández Ameal e Javier Corredoiro Isasi, visado polo COAG con data de 4 de xaneiro de 1994; sométese a información pública polo prazo de quince días hábiles con anuncios no Diario Oficial de Galicia, Boletín Oficial da provincia, Faro de Vigo e taboleiro de anuncios da Casa do Concello, así como notificación persoal ós propietarios e restantes interesados directamente afectados.

Así mesmo, o devandito acordo sinala como área afectada pola suspensión de licencias de parcelación, edificación e demolición a abranguida polo seu ámbito, cos límites seguintes:

Norte e oeste: edificio de Rosalía de Castro, 84, c.v. a Heraclio Botana

Sur: predio de García Barbón, 61.

Leste: rúa Heraclio Botana

O prazo entenderase aberto desde a primeira publicación ata o remate dos quince días, contados desde o día seguinte ó do derradeiro anuncio.

O que se fai público para xeral coñecemento, significando que a documentación se atopa na Oficina Municipal de Información para exame e alegacións.

Vigo, 11 de xaneiro de 1995.

Carlos A. González Príncipe

Alcalde