Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 20 de febreiro de 1995 Páx. 1.429

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 25 de xaneiro de 1995, do Grupo de Portos de Pontevedra, pola que se sinala a data para o levantamento de actas previas á ocupación e se somete a información pública a relación de propietarios afectados pohs obras de adecuación da fábrica de salga do porto de Sanxenxo para instalación de servicios portuarios.

Por resolución da Dirección Xeral de Obras Públicas do 8 de novembro de 1994 foi aprobado o proxecto das obras de adecuación da fábrica de salga do porto de Sanxenxo para instalación de servicios portuarios.

O Decreto 372/1992, do 2 de decembro de 1994, DOG nº 242, do 19 de decembro de 1994, declara urxente para efectos da aplicación do procedemento que regula o artigo 52 da vixente Lei de expropiación forzosa, do día 16 de decembro de 1954, e 55 e seguintes do seu regulamento, a ocupación de bens e dereitos afectados polo referido proxecto.

Para tal efecto convócanse os propietarios e titulares dos bens e dereitos afectados que figuran na relación que se xunta, así como exposta no taboleiro de anuncios do Concello de Sanxenxo (Pontevedra), para que comparezan no lugar, día e hora que se detalla a seguir, co fin de proceder ó levantamento das actas previas á súa ocupación, que recollerán os datos necesarios para a valoración previa e oportuna taxación, sen prexuízo do traslado ó lugar dos predios se fose considerado oportuno.

Lugar: Concello de Sanxenxo (Pontevedra).

Día e hora: 10 de marzo de 1995 ás 11 horas.

Ó referido acto deberán acudi-los titulares afectados persoalmente ou ben representados por persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, presentando os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade e o último recibo da contribución, podendo acompañarse á súa conta, se o estimasen oportuno, dos seus peritos e un notario.

Tendo en conta estes antecedentes e en cumprimento do establecido no artigo 17, parágrafo 2º da Lei de expropiación forzosa e no seu regulamento, ábrese información pública durante o prazo de quince días, ou en todo caso ata o intre do levantamento do acta previa da ocupación correspondente, co fin de que os interesados a poidan formular por escrito perante este grupo de portos de Pontevedra da Xunta de Galicia, sito na rúa Benito Corbal, nº 37-3º, Pontevedra, as alegacións que coiden pertinentes co obxecto de emenda-los posibles erros que se padecesen ó relaciona-los bens afectados.

Relación de afectados pola expropiación:

Parcela número: 1.

Propietario: Alfonso García Torres. Fábrica de salga. Porto de Sanxenxo. Sanxenxo.

Superficie en m: 1.959,220.

Bens afectados: Naves industriais e casa (total m edificados 1.479,8).

Pontevedra, 25 de xaneiro de 1995.

José Manuel Castelo Castro

Enxeñeiro director do Grupo de Portos de

Pontevedra