Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 20 de febreiro de 1995 Páx. 1.429

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 27 de xaneiro de 1995, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se inician expedientes de substitución de concesións de servicio de transporte público regular permanente e de uso xeral de viaxeiros por estrada de competencia exclusiva da Xunta de Galicia.

Ó abeiro do establecido na disposición transitoria segunda da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres e do Decreto 302/1988, do 3 de novembro, da Consellería de Ordenación do Territorio e Obras Públicas da Xunta de Galicia, iniciouse o expediente de substitución da concesión do servicio de transporte público regular permanente e de uso xeral de viaxeiros por estrada que a continuación se indica:

V-7006; XG-380 entre Figueiriedo e Betanzos (Titular: Autocares Antonio Vázquez, S.A.).

Os interesados ou afectados neste expediente poderán presentarse no procedemento e, logo do exame da documentación pertinente no Servicio Provincial de Transportes da Coruña (estación de autobuses), efectúa-las observacións que cuiden oportunas no prazo de un mes, contado a partir do día da publicación desta anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 27 de xaneiro de 1995.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes