Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 20 de febreiro de 1995 Páx. 1.429

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 27 de xaneiro de 1995, do Servicio Provincial de Transportes da Coruña, pola que se notifican expedientes sancionadores incoados por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres e devotos polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios (XC-00671-O-94 e dezasete máis).

Por medio desta cédula, notifícaselles ós denunciados, cos últimos enderezos coñecidos que se sina

lan no anexo, as resolucións sancionadoras dictadas polo delegado provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Coruña, facultado polo Decreto 70/1993, do 10 de marzo (DOG do 26 de marzo), recaídas nos expedientes que se citan no anexo.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste para interpoñeren recurso ordinario perante o director xeral de Transportes da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, dentro do prazo de un mes contado desde o día seguinte ó da publicación desta cédula.

En caso de conformidade con estas resolucións deberán facer efectiva a multa por transferencia bancaria, a favor do Tesouro da Facenda galega, conta

restrinxida de recadación de multas e sancións número 311.000 160-8 da Caixa Galicia, oficina principal da Coruña.

Para que conste, lles sirva de notificación ós denunciados de enderezo descoñecido, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula na Coruña o 27 de xaneiro de 1995.

Gonzalo López González

Xefe do ServIcio Provincial de Transportes da

Coruña