Jesús Bendaña Suárez, delegado provincial da Consellería de Industria e Comercio en Lugo, fai saber que Eduardo Jiménez Domínguez, con DNI 1.464.933, natural de Madrid e veciño de Lugo, con domicilio en Avda. de Ramón Ferreiro, en nome de Magnesitas de Rubián, como propietaria do manancial Magnesitas de Rubián, sito no concello do Incio, provincia de Lugo, na paraxe denominada Mina Impensada, solicita a declaración da condición de mineral.
O que se fai público co fin de que tódolos que teñan a condición de interesados, no prazo de quince días hábiles, contados desde o seguinte á publicación do presente anuncio, poidan face-las alegacións que coiden pertinentes.
Lugo, 11 de xaneiro de 1995.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo

