Para os efectos previstos nos decretos 2.617 e 2.619/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a solicitude da empresa Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. co enderezo na r/ Severo Ochoa, nº 2, 15008 A Coruña, para a autorización administrativa e declaración de utilidade pública da instalación que segue:
Liña eléctrica aérea de media tensión, a 20 kV, sobre apoios metálicos e de formigón, con conductor LA-110, de 648 m de lonxitude, con orixe na liña Vilarrube-Ventosa e remate no C.T. Ventosa. Cedeira.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas, poderán presenta-las súas reclamacións ou oposición, no prazo de trinta días, nesta delegación provincial, edificio administrativo Monelos, 15071 A Coruña.
A Coruña, 16 de xaneiro de 1995.
Juan I. Lizaur Otero
Delegado provincial da Coruña

