Para os efectos previstos no Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro, sométese a informacion pública as solicitudes da entidade mercantil Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. co enderezo na r/ Severo Ochoa, nº 2, 15008 A Coruña, para a autorización administrativa da instalación que segue:
Liña eléctrica subterránea de media tensión, a 20 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V. 15/25 kV., de 3(1x95) mm Al, de 463 m de lonxitude entre os centros de transformación denominados Figueiras e urbanización Labañou. A Coruña.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas, poderán presenta-las súas reclamacións ou oposición, no prazo de trinta días, nesta delegación provincial, edificio administrativo Monelos, 15071 A Coruña.
A Coruña, 16 de xaneiro de 1995.
Juan I. Lizaur Otero
Delegado provincial da Coruña

