Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 20 de febreiro de 1995 Páx. 1.432

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 25 de xaneiro de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente A.T. 29/1995).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación dunha L.M.T. que ten as seguintes características especiais:

Peticionario: Unión Fenosa.

Lugar no que se vai establece-la instalación: desde a subestación de Cambados ata o apoio 89 da L.M.T. existente Cambados-Barrantes, concellos de Cambados e Ribadumia.

Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.

Características principais: L.M.T., a 20 kV., de 2.352 m de lonxitude, en dobre circuíto desde a subestación ata o apoio nº 8 en simple circuíto ó resto, conductor tipo LA-110 e apoios de formigón e metálicos.

Presuposto: 13.000.000 de ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na

Rúa Nova de Abaixo 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Pontevedra, 25 de xaneiro de 1995.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra