Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 20 de febreiro de 1995 Páx. 1.433

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 25 de xaneiro de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de establecemento da instalación eléctrica que se cita (Expediente A.T 34/1995).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación dunha L.M.T.S., C.T. e R.B.T. que ten as seguintes características especiais:

Peticionario: Unión Fenosa.

Lugar no que se vai establece-la instalación: desde o C.T. de Santa Mariña ata o C.T. que se proxecta no grupo escolar Os Olmos uníndose á L.M.T. ó C.T San Bartolomeu, concello de Cambados.

Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.

Características principais: L.M.T., soterrada, a 20 kV., de 490 m de lonxitude, con conductor R.H.V.; C.T. de 250 kVA., relación de transformación 20 kV/398-230 V; R.BT. soterrada, de 30 m de lonxitude, con conductor tipo R.V.

Presuposto 9.031.000 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Pontevedra, 25 de xaneiro de 1995.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra