A Delegación Provincial de Lugo fai saber que a Dirección Xeral de Industria decidiu que o proxec
to de explotación da concesión derivada do permiso de investigación denominado La Ilusión, número 5356.2, sita na parroquia de Santa Eufemia, no concello de Folgoso do Courel, promovido por Pizarras de Quiroga, S.A., fose sometido ó Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia.
En cumprimento do establecido no artigo 5º, apartado 2 do referido decreto,
RESOLVO:
1.-Someter, polo prazo de trinta días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación da presente resolución, á información pública ó estudio de impacto ambiental do proxecto de explotación da concesión derivada do permiso de investigación denominado La Ilusión, nº 5356.2, promovido pola sociedade Pizarras de Quiroga, S.A., na parroquia de Santa Eufemia, do concello de Folgoso do Courel.
2.-O estudio de impacto ambiental expoñerase ó público nesta delegación provincial, logo de anuncio no Diario Oficial de Galicia.
3.-As alegacións formularanse, durante o dito prazo de trinta días hábiles, ante esta Delegación Provincial de Industria e Comercio.
Lugo, 26 de xaneiro de 1995.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo

