Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 20 de febreiro de 1995 Páx. 1.434

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 26 de xaneiro de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación dos acordos de iniciación dos procedementos sancionadores de caza números 94/0102 e 94/0105.

De conformidade co disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persosas que no anexo se mencionan que, con esta data, resolvín publica-los acordos de iniciación dos procedementos sancionadores por infracción administrativa da Lei 1/1970, do 4 de abril, de caza (BOE nº 82, do 6-4-1970), e máis do seu regulamento, aprobado polo Decreto 506/1971, do 25 de marzo (BOE nº 76, do 30-3-1971. Corrección de erros nº 112, do 11-5-1971), por non ser posible a súa notificación.

Noméase instructora do procedemento a Beatriz Rodríguez Fraga, funcionaria desta delegación, podendo promove-la súa recusación en calquera momento da tramitación do procedemento, se concurre algunha das circunstancias previstas no artigo 28 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. A resolución será acordada polo delegado provincial desta consellería.

Os interesados disporán dun prazo de quince días contados a partir do seguinte ó de publicación desta

notificación, para que poidan examina-los expedientes na delegación provincial desta consellería na Coruña, sita no edificio administrativo de servicios múltiples Monelos, e para aportaren por escrito cantas alegacions, documentos, informacións ou proposta de probas considere convenientes en defensa dos seus dereitos.

Conforme o establecido no art. 13.2º do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993, de non se efectuaren alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose, para estes efectos, o importe da sanción.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de servicios múltiples, Monelos, A Coruña.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo R.d. 1.398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9-8-1993).

A Coruña, 26 de xaneiro de 1995.

Rogelio Aramburu Núñez

Delegado provincial da Coruña