Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 20 de febreiro de 1995 Páx. 1.435

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 26 de xaneiro de 1995, da Dirección Xeral de Estructuras e Desenvolvemento Rural, pola que se notifica a resolución pola que se modifica o acordo de concentración parcelaria da zona de Xunqueira de Espadanedo (Xunqueira de Espadanedo-Ourense) por resultar descoñecido o domicilio dos seus destinatarios.

Pola presente, e en cumprimento do establecido no artigo 59.1º.4, da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase ós interesados cos datos persoais e o último domicilio coñecido que se sinalan no anexo I, a parte dispositiva da resolución modificadora do acordo de concentración parcelaria da zona de Xunqueira de Espadanedo (Xunqueira de Espadanedo-Ourense); faise constar que contra esta cabe interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes no prazo de un mes, contado desde o día da publicación da presente resolución.

ANEXO I

Destinatario: Rogelio García Fernández.

Enderezo: Xunqueira de Espadanedo (Xunqueira de Espadanedo-Ourense).

Texto:

«1.10.-Permuta-lo predio nº 208, atribuído a Rogelio García Fernández, por 700 m do predio nº 78, asignado a Eloy García González que, constituirán o predio nº 1.407 configurado tal e como se reflicte nos planos.»

Destinatario: Elvira Blanco Gómez.

Enderezo: Xunqueira de Espadanedo (Xunqueira de Espadanedo-Ourense).

Texto:

«1.19.-Atribuír a Elvira Blanco Gómez o predio nº 386, de 1.805 m de superficie, co fin de com

pensa-la extensión que se lle detrae do predio nº 414, para constituí-las masas comúns números 1.409 e 1.410 onde se instalan os correspondentes depósitos públicos de auga.»

Destinatario: María Fernández Fariñas.

Enderezo: Xunqueira de Espadanedo (Xunqueira de Espadanedo-Ourense).

Texto:

«1.22.-Permuta-los predios números 780 e 858, atribuídos a María Fernández Fariñas, polo nº 405, procedente do boletín de masas comúns, de 2.665 m de superficie.

Destinatario: -Abelardo Rodríguez Cortés.

Enderezo: Xunqueira de Espadanedo (Xunqueira de Espadanedo-Ourense).

Texto:

«1.23.-Anula-lo camiño de acceso o predio nº 402 -tal e como se reflicte nos planos- por innecesario, corrixíndose así o defecto de superficie no predio nº 403, propiedade de Abelardo Rodríguez Cortés e outra.»

Destinatario: Antonio Álvarez.

Enderezo: Xunqueira de Espadanedo (Xunqueira de Espadanedo-Ourense).

Texto:

«1.24.-Dotar de acceso a través -e segregando a superficie necesaria- do predio nº 398 (masa común), ós predios excluídos da concentración, a petición de Clemente Álvarez e Antonio Álvarez.»

Destinatario: Julio Blanco Fernández.

Enderezo: Xunqueira de Espadanedo (Xunqueira de Espadanedo-Ourense).

Texto:

«1.27.-Facer constar no boletín de atribucións de Manuel Blanco Fernández a predio nº 1.397, pro

ducto de detraer 810 m do predio nº 568, propiedade de Julio Blanco Fernández, de forma que o predio nº 1.397 figura con 810 m de superficie e o predio 568 con 3.515 m de extensión.»

Destinatario: Antonio Cortés Crespo.

Enderezo: Xunqueira de Espadanedo (Xunqueira de Espadanedo-Ourense).

Texto:

«1.30.-Adxudicar a Arbulinda Ferreiro Blanco e outra o predio nº 401-1 de 1.560 m co fin de compensa-las faltas de superficie detectadas no predio nº 684, atribuído a esta; e no predio nº 685, compensándose cara atribución a Antonio Cortés Crespo, propietario deste, do predio nº 401-2 de 875 m de extensión.

Destinataria: Agustina de Dios Regueiro.

Enderezo: Xunqueira de Espadanedo (Xunqueira de Espadanedo-Ourense).

Texto:

«1.42.-Modifica-la superficie do predio nº 836, atribuído a Gumersinda Regueiro de Dios, de tal maneira que figure cunha extensión de 2.425 m e non con 2.340 m; o dito incremento (80 m) prodúcese a custa do predio nº 835, atribuído a Agustina de Dios Regueiro, que queda cunha superficie de 2.845 m.»

Destinatario: Ulpiano Cortés Santas.

Enderezo: Xunqueira de Espadanedo (Xunqueira de Espadanedo-Ourense).

Texto:

«1.49.-Ampliar, tal e como se reflicte nos planos, o acceso ós predios excluídos do proceso concentrador, a custa da superficie dos mesmos a solicitude de Nicanor Cid Prieto e outra (representado por Moisés Caldelas Fernández), Diamantina Cortéa Cortés, Luz Fernández Fernández e Ulpiano Cortés Santas e outros (representado por Carmen Santás Estévez).»

Destinatario: Joaquín González Santás.

Enderezo: Xunqueira de Espadanedo (Xunqueira de Espadanedo-Ourense).

Texto:

«1.50.-Modificar, tal e como figuran en planos os lindeiros dos predios números 991, 992 e 993, de forma que o predio nº 991 -atribuído a Pedro Fernández Fernández- contará cunha superficie de 810 m, o predio nº 992 -atribuído a Joaquín González Santás e outros- non sofre alteración de superficie, e o predio nº 993 -adxudicado a Abilio Blanco Cidfigurará cunha superficie de 770 m.»

Destinatario: Abilio Blanco Cid.

Enderezo: Xunqueira de Espadanedo (Xunqueira de Espadanedo-Ourense).

Texto:

«1.50.-Modificar, tal e como figuran nos planos, os lindeiros dos predios números 991, 992 e 993, de forma que o predio nº 991 -atribuído a Pedro

Fernández Fernández contará cunha superficie de 810 m, o predio nº 992 -atribuído a Joaquín González Santás e outros -non sofre alteración de superficie, e o predio nº 993 -adxudicado a Abilio Blanco Cid- figurará cunha superficie de 770 m.»

Destinatario: Ángel Cortés Seoane.

Enderezo: Xunqueira de Espadanedo (Xunqueira de Espadanedo-Ourense).

Texto:

«1.73.-Desestima-la solicitude de Ángel Cortés Seoane e outra, dado que o predio nº 901 atribuíuse na maior parte da parcela 49 do polígono 16 por el aportada, e o predio nº 1.350 adxudicóuselle fronte o anterior -camiño de concentración no medio-.»

«1.74.-Trazar, tal e como se reflicte en planos, un camiño de acceso ó predio nº 944 -atribuído a Francisco Santiago González- afectando ós predios nº 901 -atribuído a Ángel Cortés Seoane e outra-, que figurará cunha superficie de 10.265 m, e ó predio nº 944 -atribuído a Francisco Santiago González- e que figurará cunha extensión de 15.060 m; non sufrindo alteración de superficie o predio nº 943 -atribuído a Moisés Caldelas Fernández-.»

Destinataria: Amalia González Blanco.

Enderezo: Xunqueira de Espadanedo (Xunqueira de Espadanedo-Ourense).

Texto:

«1.78.-Trazar, tal e como se reflicte en planos, un camiño de 3 metros de largo para acceso ó predio nº 979 -atribuído a Antonio Fernández Blanco e outros-, contando o dito predio cunha superficie de 16.270 m -sobre o predio nº 972- atribuído a Amelia González Blanco, figurando cunha superficie de 6.680 m.

Santiago de Compostela, 26 de xaneiro de 1995.

Ángel Ligero Fraile de Tejada

Director xeral de Estructuras e Desenvolvemento

Rural