Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 20 de febreiro de 1995 Páx. 1.436

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

CÉDULA do 23 de xaneiro de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación da proposta de resolución formulada nos expedientes sancionadores de epizootias que se se citan devoltos polo servicio de correos por atoparse ausentes en horas de reparto os seus destinatarios (expedientes 50/1994 e 1401994).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de

novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ós denunciados cos datos persoais e últimos enderezos coñecidos, que con esta data se formula a correspondente proposta de resolución no expediente sancionador que se instrúe, por infracción da Lei de epizootias de 1952 e o seu regulamento

de 1955 (modificado polo R.d. do 7 de maio de 1976).

Os denunciados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta cédula para que poidan alegar canto consideren conveniente na súa defensa.