O artigo 7 da Lei 5/1983 (Xetatura do Estado) do 29 de xuño de 1983, de orzamentoa do Estado establece que «na tramitación dos expedientes de contratación se dispensará o requisito previo de dispoñibilidade de terreos a que se refiren os artigos 81 e 83 do Regulamento xeral de contratación, sen prexuízo de que a ocupación efectiva daqueles non se realice ata que se teña formalizado a acta de ocupación».
En virtude deste artigo, e tendo ademais en conta que se trataba dun expediente declarado de tramitación urxente, proseguiuse coa tramitación do expediente mencionado a pesar de que se carecía de dispoñibilidade real dos terreos necesarios para a execución da obra (tal e como prevén os artigos 81 e 83 do Regulamento xeral de contratación do Estado).
Non obstante, no expediente consta informe favorable do proxecto do Servicio de Supervisión de Proxectos da Delegación Provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes e tamén o informe favorable sobre a existencia de parcela destinada para este fin, do subdirector xeral de Portos da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.
Unha vez recibida resposta do Concello de Moaña na que se denega a licencia para a construcción da nave-almacén, a Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura resolve deixar sen efecto a devandita resolución do 3 de novembro de 1994, debido a que non se pode facer efectiva a ocupación dos terreos, tal e como é preceptivo no dito artigo 7 da Lei 5/1983.
Contra esta resolución procederá recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses tal e como preceptúa o artigo 58 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 9 de febreiro de 1995.
Juan Caamaño Cebreiro
Conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura

