De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27-11-1992), notifícase ás persoss que se citan a continuación a proposta de resolución dos expedientes instruídos por infraccións da Lei 6/1991, do 15 de maio (DOG do 27 de maio), de infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros.
Os ditos interesados dispoñen dun prazo de oito días contades a partir do seguinte á publicación deste edicto para poderen examina-los expedientes na Delegación Territorial de Vigo (Pontevedra) da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura (r/ Palma, 4) e presentar ante a citada delegación as alegacións que coiden pertinentes.
Denunciado: Abelino Ángel Baqueiro Hermelo.
Enderezo: Rioesteiro, s/n. Cangas, Pontevedra.
Precepto infrinxido: 6.7, 6.9 da Lei 6/1991, do 15 de maio.
Sanción: 50.002 pesetas.
Vigo, 30 de xaneiro de 1995.
Amancio Landín Jaráiz
Delegado territorial de Vigo (Pontevedra)

