Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 20 de febreiro de 1995 Páx. 1.438

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

CÉDULA do 30 de xaneiro de 1995, da Delegación Territorial de Vigo (Pontevedra), pola que se notifica a resolución do expediente sancionador PO-822/1994.

De conformidade co disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27-11-1992), notifícaselle ás persoas que se citan a continuación a proposta de resolución dos expedientes instruídos por infraccións da Lei 6/1991, do 15 de maio (DOG do 27 de maio), de infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros.

Os ditos interesados dispoñen dun prazo de oito días contados a partir do seguinte á publicación deste edicto para poderen examina-los expedientes na Delegación Territorial de Vigo (Pontevedra) da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura (r/ Palma, 4) e presentar ante a citada delegación as alegacións que coiden pertinentes.

Nº de expediente: PO-0822-94.

Denunciado: Raúl Poza García.

Enderezo Bordóns-Nanín, 14. Sanxenxo, Pontevedra.

Vigo, 30 de xaneiro de 1995.

Amancio Landín Jaráiz

Delegado territorial de Vigo (Pontevedra)