Cumpridos os trámites regulamentarios no correspondente expediente administrativo, o Instituto Galego da Vivenda e Solo anuncia a contratación, polo sistema de concurso aberto, das seguintes obras:
-Obxecto: demolición, urbanización e construcción de 23 vivendas, garaxes e rochos (1ª fase) en Melide. A Coruña. Expediente: C-95/010.
-Orzamento: 170.030.478 pesetas.
-Sistema de adxudicación: concurso aberto.
-Prazo de execución: 18 meses.
-Fianza provisional: dispensada en aplicación do R.d. 1.883/1979, do 1 de xuño.
-Fianza definitiva: 6.801.219 pesetas.
-Clasificación esixida: C-2, C-4, C-6, C-7.
-Categoría do contrato: d.
-Obxecto: construcción de 12 vivendas unifamiliares adosadas en Toques (A Coruña). Expediente: C-95/030.
-Orzamento: 97.666.655 pesetas.
-Sistema de adxudicación: concurso aberto.
-Prazo de execución: 18 meses.
-Fianza provisional: dispensada en aplicación do R.d. 1.883/1979, do 1 de xuño.
-Fianza definitiva: 3.906.666 pesetas.
-Clasificación esixida: C-2, C-4, C-6, C-7.
-Categoría do contrato: d.
-Obxecto: construcción de 14 vivendas unifamiliares adosadas no Barqueiro, Mañón (A Coruña). Expediente: C-95/020.
-Orzamento: 109.312.805 pesetas.
-Sistema de adxudicación: concurso aberto.
-Prazo de execución: 18 meses.
-Fianza provisional: dispensada en aplicación do R.d. 1.883/1979, do 1 de xuño.
-Fianza definitiva: 4.372.512 pesetas.
-Clasificación esixida: C-2, C-4, C-6, C-7.
-Categoría do contrato: d.
-Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares, así como o prego de prescricións técnicas que rexerán a contratación, estarán de manifesto e á disposición dos concursantes para o seu exame, durante o prazo de presentación de proposicións na Dirección Xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo, na Área Central do polígono das Fontiñas en Santiago de Compostela, de 9 a 14 horas de luns a venres.
-Modelo de proposición: proposición económica, formulada estrictamente conforme o modelo que se xunta no anexo nº 1 do prego de cláusulas administrativas particulares.
-Prazo de presentación: as proposicións presentaranse no rexistro xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo antes das 14 horas do vixésimo día hábil, que non coincida en sábado, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
-Apertura de proposicións: as mesas de contratación reuniranse en sesión pública ás 10, 10.30 e 11 horas, respectivamente, do décimo día natural,
contado a partir do último día de presentación de proposicións, na sala de xuntas do Instituto Galego da Vivenda e Solo. De coincidir en sábado ou festivo a mesa reunirase o primeiro día hábil seguinte.
-Documentos que deben aporta-los licitadores: serán os indicados na cláusula 3ª do prego de cláusulas administrativas particulares.
O importe do presente anuncio será por conta dos adxudicatarios.
Santiago de Compostela, 8 de febreiro de 1995.
P.D. (Resolución 16-12-1993)
José Antonio Gil Sotres
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda
e Solo

