Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 20 de febreiro de 1995 Páx. 1.439

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE QUIROGA

ANUNCIO.

Aprobado polo Pleno do Concello en relación coas normas subsidiarias de planeamento do Concello de Quiroga, cumprindo o disposto nos arts. 114 e 118 do Real decreto lexislativo 1/1992, do 26 de xuño, e art. 126 e seguintes do Regulamento de planeamento, aprobado polo Real decreto 2.159/1978, sométese a información pública polo prazo de un mes que se contará a partir da inserción deste edicto no Boletín Oficial da provincia; durante o devandito prazo poderán ser examinadas nas oficinas municipais para os sós efectos de presentar alegacións exclusivamente sobre os aspectos modificados como consecuencia dos acordos da Comisión Provincial de Urbanismo na sesión do 25 de febreiro de 1994 e do Pleno do Concello na sesión do 12 de marzo de 1994 e da ordenanza de edificios fóra de ordenación aprobada polo concello na sesión celebrada o 18 de xaneiro de 1995.

Quiroga, 7 de febreiro de 1995.

O alcalde accdtal.

Rubricado