Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 20 de febreiro de 1995 Páx. 1.439

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO.

O Pleno do Concello, en sesión do 30 de decembro de 1994, aprobou inicialmente o Plan parcial e estudio de detalle de integración paisaxística da Almá

ciga, promovido por Ibercelta S.L. O expediente exponse ó público no Negociado de Planeamento e Xestión polo prazo de un mes desde a publicación desta anuncio no Diario Oficial de Galicia, co obxecto de que os interesados poidan presenta-las alegacións que xulguen oportunas.

Na mesma sesión acordouse a suspensión, polo prazo máximo de dous anos, do outorgamento de licencias para parcelacións, edificacións e derrubas no ámbito do citado plan parcial, ámbito que ten os seguintes lindes:

Norte: camiño que vai desde a rúa Costiña do Monte ata as rúas de Betanzos e do Pino, bordeando os terreos do colexio público Santiago Apóstolo.

Sur: liña crebada que parte da rúa Costiña do Monte (pola fachada norte da casa nº 20), bordea as traseiras das casas 20 e 18 e desde alí (aproximadamente a 20 m da fachada da casa nº 18 da Costiña do Monte) vai sair á rúa Betanzos, pola cara norte da casa nº 5 da mesma.

Leste: rúa Betanzos (entre o nº 5 e o 13), traseiras das casas incluídas entre os números 13 e 23 da mesma rúa, de novo a rúa Betanzos entre os números 23 e o 33, desde onde, bordeando o desnivel existente, vai dar ó camiño sinalado como linde norte.

Oeste: traseiras das casas 18 e 20 da rúa Costiña do Monte, e a mesma rúa desde o número 20 ata o camiño sinalado no linde norte.

Contra o acordo de suspensión do outorgamento de licencias pódese interpor recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses desde a publicación deste anuncio no DOG.

Santiago de Compostela, 6 de febreiro de 1995.

P.D.

Pedro A. Fernández Fernández

Concelleiro delegado de Urbanismo