Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 20 de febreiro de 1995 Páx. 1.440

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 1995, do Inorde, pola que se convoca concurso público para adquisición dun catamarán.

Obxecto do contrato.-É a subministración ó Instituto Ourensán de Desenvolvemento («Inorde», organismo autónomo da Deputación Provincial de Ourense) dunha embarcación tipo catamarán, de nova construcción, para transporte turístico de viaxeiros nos encoros da provincia. Poderanse formular ofertas alternativas para dúas embarcacións, decidindo o «Inorde» se acepta unha ou outra das propostas.

Orzamento de licitación.-O tipo máximo de licitación é de 37.000.000 de pesetas, para cada catamarán.

Fianza provisional.-740.000 pesetas.

Prazo de entrega.-As embarcacións entregaranse no prazo máximo de 4 meses a partir da adxudicación.

Forma de adxudicación.-Mediante concurso aberto.

Presentación de ofertas.-No rexistro xeral do «Inorde», rúa Progreso, 28, Ourense, ata as 13 horas do día 15 de marzo do ano actual, en horas de oficina.

Contido das ofertas.-Constarán de 3 sobres pechados e asinados polo licitador, en cada un dos cales se farán consta-lo seu contido e a empresa licitadora.

-Sobre nº 1: documentación técnica para o concurso.

-Sobre nº 2: documentacion xeral da empresa.

-Sobre nº 3: proposición económica.

Trámite do concurso.-A apertura dos sobres 1 e 2 realizarase en acto público ás 12 horas do día 16 de marzo, nas oficinas do «Inorde». A apertura do sobre nº 3 realizarase o día 22 de marzo ás 12 horas nas mesmas oficinas, en acto público.

Criterios de adxudicación.-Menor prezo, dentro das condicións esixidas. Menor prazo de entrega. Melloras nas condicións técnicas. Servicio posvenda. Deseño atractivo. Nivel sonoro e visibilidade. Baixo custo de mantemento. Protección das hélices, funcionabilidade, economía e facilidade de transporte.

Modelo de proposición.-Don/a.., con domicilio en.... DNI nº..., expedido o..., en nome propio (ou en representación de... segundo acredita con...), informado/a do expediente e condicións para contrata-la subministración de... catamarán/s, de nova construcción, para transporte turístico de persoas, ó «Inorde» de Ourense, segundo prego de condicións publicado no BOP do 11 de febreiro de 1995, comprométese á entrega dunha embarcación (ou 2 embarcacións), polo prezo de... ptas., con suxeición ás condicións do expediente, lugar, data e sinatura.

Pregos de condicións.-Os pregos de cláusulas administrativas e técnicas publícanse no BOP do día 11 de febreiro actual e remitiráselles ós interesados que llo soliciten ó «Inorde», por correo, ó teléfono (988) 24 75 11 ou fax 23 88 10, podendo tamén recollerse persoalmente nas mesmas oficinas.

Ourense, 13 de febreiro de 1995.

O presidente do Inorde

Rubricado