Para os efectos previstos no Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro, sométense a información pública as solicitudes da entidade mercantil Hidroeléctrica del Zarzo, S.A., co enderezo na R/ Mancebo, 6, Pontedeume (A Coruña), para a autorización administrativa das instalacións que seguen:
-Liña eléctrica derivada de media tensión, a 15/20 kV, sobre apoios de formigón e conductor LA-56, de 5 m de lonxitude, que deriva da liña Pazo, Irixoa-Quintán Veríns (expediente 34.702) e remate en Cabana.
-Centro de transformación, tipo interior, de 50 kVA, no lugar de Cabana e tensións de 15/20/0,380-0, 220 V, Irixoa.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas reclamacións ou oposición, no prazo de trinta días, nesta delegación provincial, edificio administrativo Monelos, 15071 A Coruña.
A Coruña, 10 de outubro de 1994.
Juan I. Lizaur Otero
Delegado provincial da Coruña

