Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 27 de febreiro de 1995 Páx. 1.606

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de xaneiro de 1995, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN408A 95/1-3 A-T.)

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica de alta tensión que ten como características principais as que se sinalan a seguir:

a) Peticionario: Cooperativas Orensanas, S. Coop, Ltda. (COREN). Xoán XXIII, nº 33. 32003 Ourense.

b) Emprazamento: matadoiro de aves en Santa Cruz de Arrabaldo (Ourense).

c) Finalidade: establecer un sistema de coxeración de enerxía térmica e máis eléctrica para o mellor aproveitamento enerxético. Consegui-la condición de autoxerador eléctrico.

d) Características principais:

-Grupo motor diésel de combustión fuelóleo de 2.700 kw de potencia a 750 r.p.m.

-Xerador trifásico de 3.200 kVA, a 750 r.p.m., cos de phi 0,8, tensión 6 kV, 50 Hz.

-Un transformador de potencia para as tensións 20 kV/6 kV.

-Un transformador de 315 kVA, relación de transformación 20.000/380-220 V, para servicios auxiliares.

-Aparellaxe de potencia, mando, sinalización, medida e interconexión a 20 kV coa rede distribuidora de enerxía.

Orzamento: 350.000.000 de ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nesta Delegación Provincial (Curros Enríquez, 1-4ª Ourense) e formularse as reclamacións, por duplicado, que se coiden oportunas no prazo de trinta días, contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio.

Ourense, 20 de xaneiro de 1995.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense