Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica de alta tensión que ten como características principais as que se sinalan a seguir.
a) Peticionario: Cooperativas Orensanas, S. Coop, Ltda. (COREN). Xoán XXIII, nº 33. 32003 Ourense.
b) Emprazamento: fábrica de pensos-II, na parcela nº 2 do polígono industrial de S. Cibrao das Viñas (San Cibrao das Viñas).
c) Finalidade: establecer un sistema de coxeración de enerxía térmica e máis eléctrica para o mellor aproveitamento enerxético. Interconexión eléctrica e térmica da fábrica de pensos-I e maila fábrica de pensos-II. Consegui-la condición de autoxerador eléctrico.
d) Características principais:
-Grupo motor diésel de combustión de fuelóleo de 3.600 kw de potencia a 750 r.p.m.
-Xerador trifásico de 4.300 kVA, a 750 r.p.m., cos de phi, 0,8, tensión 6 kV, 50 Hz.
-Un transformador de potencia de 4.500 kVA para as tensións 20 kV/6 kV
-Un transformador de 315 kVA, relación de transformación 20.000/380-220 V, para servicios auxiliares.
-Aparellaxe de potencia, mando, sinalización, medida e interconexión a 20 kV coa rede distribuidora de enerxía.
Orzamento: 500.000.000 de ptas.
O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nesta Delegación Provincial (Curros Enríquez, 1-4ª Ourense) e formularse as reclamacións, por duplicado, que se coiden oportunas no prazo de trinta días, contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio.
Ourense, 20 de xaneiro de 1995.
Alfredo Cacharro Pardo
Delegado provincial de Ourense

