Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 27 de febreiro de 1995 Páx. 1.608

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 6 de febreiro de 1995, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso público, polo procedemento de urxencia, para a contratación das obras de construcción dun centro de saúde en Oleiros (A Coruña).

Obra: construcción dun centro de saúde en Oleiros (A Coruña).

Orzamento da contrata: 89.688.519 ptas.

Prazo de execución: 12 meses.

Clasificación do contratista: grupo C, subgrupo 2, categoría D.

Fianza definitiva: 3.587.541 ptas.

Exposición de proxectos:

Os proxectos e pregos de cláusulas administrativas particulares poderán examinarse na Dirección Xeral de Recursos Económicos, (Subdirección Xeral de Investimentos) ou nas delegacións provinciais do Sergas nas respectivas provincias, en días hábiles de 9 a 14 horas.

Prazo de presentación de proposicións:

Deberán presentarse en man, no rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, ou nas delegacións provinciais correspondentes, antes das 14 horas do décimo quinto día hábil a partir da publicación do concurso no Diario Oficial de Galicia ou por correo na forma indicada no art. 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

Documentación que deben presenta-los licitadores:

-No sobre da documentación persoal: a documentación sinalada na cláusula 7.3 do prego de cláusulas administrativas particulares polas que rexe a adxudicación do contrato.

-No sobre de documentación económica: a establecida na cláusula 7.2 do prego de cláusulas administrativas.

No sobre da documentación de referencias técnicas: a establecida na cláusula 7.4 do prego de cláusulas administrativas.

Apertura de proposicións:

Será realizada pola mesa de contratación nas dependencias da Dirección Xeral de Recursos Económicos, a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural seguinte ó peche do prazo de admisión de ofertas.

No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Anuncios:

Os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 6 de febreiro de 1995.

P.D. (Decreto 199, 16-6-94)

Antonio Carbajo Romero

Director xeral de Recursos Económicos