Aprobada inicialmente polo Pleno da Corporación en sesión extraordinaria celebrada o día 10 de febreiro de 1995 a modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento segundo a relación seguinte:
a) Aliñación da rúa número 14 anexionando terreos para dotación do C.P. Praia Xardín.
b) Incorporación as NN.SS. da rúa paralela ó paseo marítimo existente actualmente e a súa conexión ó vial, paralelo á rúa nº 15.
Exponse ó público durante o prazo de 30 días hábiles contado desde o seguinte ó da publicación deste edicto no DOG e BOP a fin de que durante o mesmo se poidan formular alegacións, reclamacións ou suxerencias, en cumprimento do disposto no art. 114 do texto refundido da Lei do solo e ordenación urbana do 26 de xuño de 1992 en relación cos arts. 109 e 126 do mesmo corpo legal.
Boiro, 15 de febreiro de 1995.
Manuel Velo Velo
Alcalde

